Deporte, cultura e lecer para todos os públicos na programación de novembro en Quiroga

• A programación inclúe unha tarde de teatro, o domingo 13 de novembro, a cargo do Grupo de Teatro Augas do Sil de San Clodio, que representará a obra “Menciñeiro á forza”,  dentro do programa provincial Buxiganga

A Casa da Cultura é a sede de boa parte das actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano no Concello de Quiroga. Arquivo EC.
A Casa da Cultura é a sede de boa parte das actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano no Concello de Quiroga. Arquivo EC.
• Continúan en Quiroga as actividades programadas para este curso, que inclúen iniciativas para todos os públicos.
CALENDARIO SEMANAL EN NOVEMBRO
En novembro, segue activo o calendario de actividades que comezaron o mes pasado. Os martes e xovesestá en marcha a ludoteca municipal, e para os adultos desenvólvense as actividades de pilates, karate, ximnasia de mantemento, informática e ximnasia.
Os martes son o día do teatro, e os mércores teñen lugar as clases de ioga, e a formación musical nas clases de música e movemento, guitarra e piano. A actividade “Espazos en Familia” desenvólvese en mércores alternos.
Así mesmo, os luns e mércores son as citas do aeróbic, e as clases de preparación de graduado en ESO, e de Competencias Claves, que se imparten no Centro Social. Nestas dependencias tamén teñen lugar os talleres de memoria, todos os luns. Tamén para os maiores, ofrécense cursos de estimulación cognitiva os luns, mércores e venres, organizados polo Concello e Afamón. Por último, a actividade de pintura ten lugar os sábados.
MAGOSTO E BAILES DE NOVEMBRO NO CENTRO SOCIAL
O Centro Social de Quiroga continúa a ofrecer todos os domingos a súa habitual sesión de baile.
Este mes, o Centro acollerá un magosto, que vén a sumarse á festa infantil de Samaín celebrada o día 27, e á prevista para o sábado 29, que estará centrada nun obradoiro de cociña especial Samaín para nenos e nenas. Esta actividade terá lugar no Albergue de Quiroga de 16 a 19 horas.
NOVAS ACTIVIDADES DURANTE O VINDEIRO MES
En novembro, a programación incorpora unha serie de novidades. O Concello de Quiroga ofrece un taller de reiki, organizado polo Centro de Información á Muller, ademais dunha semana informativa sobre as prestacións do Carné Xove, no IES de Quiroga. Tamén este mes, a área de Xuventude do Concello organiza un curso de community manager. Máis información e inscricións na Casa da Cultura.
XOGOS TRADICIONAIS E ACTOS DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O venres 11 de novembro, e coincidindo co día da festa de San Martiño, terá lugar unha xornada de xogos tradicionais, organizada pola área de Educación e Infancia do Concello de Quiroga. Pola súa banda, e como vén sendo habitual, o Centro de Información á Muller de Quiroga da área de Igualdade unirase aos actos conmemorativos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
COSTURA E PINTURA AO ÓLEO
A oferta lúdica de Quiroga complétase coas actividades que organiza a Asociación Socio-Cultural da Comarca de Quiroga. Ademais da actividade de ximnasia de mantemento en colaboración co Concello, esta asociación ofrece un obradoiro de costura, que se imparte na biblioteca do Centro Social, cun prezo de 15 euros ao mes. Por outra banda, tamén ofertan clases de pintura ao óleo, os martes de 16,30 a 18,30 horas, na entreplanta do edificio Abanca. O prezo é de 20 euros ao mes.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo directamente a través do profesor durante o horario das sesións. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober recibe unha axuda da Xunta para mellorar os equipamentos culturais

Seguinte Nova

Gastronomía e natureza para disfrutar do outono en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: