O Castanhazo Rock reunirá o 29 de outubro en Chantada a máis de 5.000 persoas

• O sábado 29 de outubro, Chantada vibrará coa celebración da edición número catorce do Castanhazo Rock. Esta emblemática cita lúdica e musical, organizada pola Asociación Cultural O Castañazo, reunirá a máis de 5.000 persoas na contorna do mercado gandeiro da vila do Asma. A organización do festival conta este ano coa colaboración da Deputación de Lugo, cunha achega de 6.000 euros.
As actividades comezarán ás 11 da mañá, co Castanhazo Infantil na Praza do Cantón. Diversas actividades destinadas aos máis cativos ocuparán as horas matinais, destacando o espectáculo musical «Zona en Obras», da compañía Tropa de Trapo.
Ás tres da tarde, comezarán os Cantos de Taberna na Praza de Santa Ana polos bares desta zona. Este ano sumáronse un total de 15 establecementos, polos que discurrirán as tres rutas de cantos de taberna nesta edición.
A apertura do recinto do festival terá lugar ás seis. Neste espazo, desenvolveranse a partir das seis e media os Xogos Bravús, con actividades como a punta imposible, debullamento de millo ou lanzamento de ourizos.
Ás sete e media comezará, tamén no mercado gandeiro, o magosto popular, que dará paso ás actuacións do Castanhazo Rock. O grupo Poetarras abrirá a quenda ás oito, seguido por Familia Caamagno, xa ás nove. Ás dez e cuarto subirán ao escenario os membros da banda La Raíz, que ofreceren en Chantada o seu concerto de despedida da súa laureada cita «Entre Poetas y Presos».
Outro dos pratos fortes do Castanhazo é a presenza de Def Con Dos, a partir das doce menos dez. Esne Beltza, Nao e Ezetaerre animarán o Castanhazo ata pasadas as catro da mañá, para poñer fin a unha intensa noite de rock.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-Sarria entregou premios da festa dos maiores

Seguinte Nova

Dous alumnos do IES Daviña Rey, premiados no III Certame Mulleres de Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: