Máis de 200 persoas participarán en Sarria no VI Torneo Máster de Futbolín

Os deputados de Deportes e Medio Ambiente, Pablo Rivera e Sonsoles López, co presidente da Asociación Sarriafutbolín, Jonathan López Fernández, na presentación do torneo. GPDL.
Os deputados de Deportes e Medio Ambiente, Pablo Rivera e Sonsoles López, co presidente da Asociación Sarriafutbolín, Jonathan López Fernández, na presentación do torneo. GPDL.

 

• Os días 29 e 30 de outubro, Sarria será o punto de encontro dos máis de 200 participantes no VI Torneo Máster de Futbolín, organizado pola Asociación Sarriafutbolín, coa colaboración da Deputación de Lugo.
EVENTO CONSAGRADO
O torneo disputarase no complexo Litmar, cunha primeira xornada o sábado para a modalidade de movemento, e a segunda, xa o domingo, adicada á modalidade de parado.
Na presentación do Torneo en Lugo o pasado 26 de outubro, o deputado de Deportes, Pablo Rivera, destacou a proba de Sarria como “un evento consagrado a nivel nacional, na élite dos campionatos de futbolín, tanto a nivel de premios como de participantes”. A cita sarriana reunirá a xogadores de Galicia e de diversos puntos de España.
Rivera lembrou que o ano pasado, o Torneo de Sarria reuniu a 100 parellas de xogadores, e se espera chegae ata as 120 esta edición, “coa repercusión económica que isto supón para a vila sarriana”.
4.000 EUROS EN PREMIOS
Pola súa banda, o presidente da Asociación Sarriafutbolín, Jonathan López Fernández, destacou que o obxectivo do torneo é incrementar a prática deste deporte na comarca de Sarria, e sobre todo en Galicia. No torneo, repartiranse 4.000 euros en premios, e entregarase un agasallo a todos os participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Korbis – Gonzalo Seguros, líder na competición galega infantil feminina

Seguinte Nova

Nova cita en competición galega para 26 deportistas do Neka

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: