O CB Sarria organizou unha charla sobre primeiros auxilios

•A charla foi dirixida desta volta aos xogadores das categorías base, e ás súas familias e adestradores

A charla sobre primeiros auxilios tivo lugar no pavillón do Novo Chanto o pasado 15 de outubro. (Foto cedida).
A charla sobre primeiros auxilios tivo lugar no pavillón do Novo Chanto o pasado 15 de outubro. (Foto cedida).

 

• O Club Baloncesto Sarria continúa desenvolvendo, un ano máis, a súa axenda de actividades complementarias á prática deportiva. Nesta ocasión, a iniciativa estivo vinculada á saúde, cunha charla sobre primeiros auxilios.
A xornada formativa desenvolveuse na tarde do sábado 15 de outubro, e congregou no pavillón do Novo Chanto a preto de medio cento de persoas. O público estivo composto por xogadores das categorías inferiores, nais e pais, adestradores e tamén membros e colaboradores do CB Sarria.
HÁBITOS SAUDABLES
A charla foi impartida polo doutor Ramón Muñoz López, natural de Pantón e veciño de Sarria. O doutor Muñoz desenvolve a súa actividade profesional no Hospital de Monforte, e colabora habitualmente nas iniciativas formativas do clube sarriao. Na charla, os asistentes recibiron formación básica sobre cómo actuar ante situación cotiás como queimaduras, escordaduras, ou feridas. Ademais, o doutor Muñoz López falou sobre hábitos saudables, que abranguen dende a hixiene ata a prática deportiva ou a alimentación.
PRÓXIMA CHARLA
No CB Sarria xa preparan a vindeira charla sobre saúde, que versará sobre reanimación cardiovascular, e que se realizará en canto dispoñan do desfibrilador semiautomático que adquiriron logo dunha campaña de crowdfunding.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo en Sarria para celebrar o Día da Bicicleta

Seguinte Nova

O Korbis – Gonzalo Seguros, líder na competición galega infantil feminina

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: