Crónica del sur de Lugo

Recoñecemento á poesía

Xerardo Quintiá, gañador do premio Fiz Vergara Vilariño

Xerardo Quintiá, segundo pola esquerda, tras recibir o premio en metálico e unha pequena escultura. EC

O escritor lucense Xerardo Quintiá foi o gañador da undécima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, convocado pola agrupación cultural Ergueitos e o Concello de Sarria, grazas ao poemario ‘Fornelos & Fornelos’, seleccionado entre as máis de 80 obras presentadas ao certame deste ano. O galardón está dotado con 6.000 euros, unha obra de arte e a publicación do seu libro.

De que se compón este poemario?

Bueno, na poesía evidentemente, é un pouco complexo tratar de buscar unha liña argumental. Pero se tivera que dicilo dalgunha maneira, é un libro no que trato de rescatar unha serie de vivencias, unha maneira de vivir, unha paisaxe que estaría ubicada no mundo rural, na década dos anos 70 ou 80. E bueno, basicamente trátase de rescatar a través do discurso poético vivencias, sensacións e sentimentos.

Que obxectivo perseguía con esta obra?

Obxectivo? pois supoño que redimirme un pouco do que supón o paso do tempo e o que iso implica, que é perder moitas situacións ás que estás afeito, pero que cambian inevitablemente. E bueno, un pouco trátase de redimir esa perda a través da poesía.

Que supón para vostede recibir este premio?

Unha ilusión tremenda, sobre todo porque bueno, tal e como están as cousas é moi complicado publicar, así que no meu caso non só che garante a publicación senon que che da un apoio, sirve un pouco de plataforma e de lanzamento para a obra. É un premio consolidado, e tamén contínuo no tempo; e polo tanto, un premio así sempre é bo.

Está é a primeira parte, pero vostede explicou que se vai a tratar dunha triloxía.

Sí, é unha triloxía. A que recibiu o premio é a primeira parte, que sería ‘Fornelos & Fornelos’. E despois teño xa comezada tanto a segunda parte como a terceira, e bueno, a segunda xa está bastante avanzada pero ainda queda moito traballo. En canto aos contidos, basicamente a segunda parte vai a seguir a liña da primeira, e despois na terceira sí que vai haber un xiro, pero ainda non teño moi definido de que maneira o vou a facer. En canto á data de publicación, é moi complicado poñerlla, porque igual tes unha época que é moi fructífera á hora de crear, pero despois chega outra na que é todo o contrario, así que estás un pouco a expensas de como vai iso.

Como valora este tipo de premios para o fomento da literatura galega?

Eu creo que son moi importantes porque é un pouco o que dicía antes. Sirven de reforzo para este tipo de inciativas, son un pouco os mecenas de hoxe en día de moitos autores. Vamos, que é importante que haxa este tipo de premios, e sobre todo que sexan premios estables e que teñan certa continuidade, que non se celebren só dúas ou tres convocatorias. O importante é que ainda que haxa menos, que teñan continuidade no tempo e tamén que sexan moi selectivos á hora de optar por unha obra ou por outra.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio