As «Paisaxes Sacras», de Guillermo López Mao, no Círculo Saviñao

No centro, Guillermo López Mao, acompañado do presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, entre outros invitados á inauguración da súa exposición "Paisaxes Sacras". (Foto cedida).
No centro, Guillermo López Mao, acompañado do presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, entre outros invitados á inauguración da súa exposición «Paisaxes Sacras». (Foto cedida).

• Dende o 9 de outubro, pode verse no Círculo Saviñao de Escairón a exposición pictórica titulada «Paisaxes Sacras», de Guillermo López Mao. Na inauguración, o monfortino estivo acompañado por un bo número de socios, veciños e amigos, que acudiron a dar a benvida a este novo evento creativo, dentro da intensa axenda do Círculo Saviñao.
O monfortino ofrece unha mostra composta por acrílicos inspirada na Ribeira Sacra, con paisaxes expresionistas e imaxes que derivan na abstracción, así como retratos pop-art que recollen en maior ou menor medida elementos destas terras.•

MÚSICA EN DIRECTO O SÁBADO 15 DE OUTUBRO
• O Círculo Saviñao ofrece unha nova sesión de música en directo, a cargo esta vez do grupo Canela Cafuné. Será o sábado 15 de outubro, a partir das once da noite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obradoiro de conservas artesanais para celebrar o Día da Muller Rural en Monforte

Seguinte Nova

Adriano López consolida a súa faceta como modelo fotográfico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: