Obras por valor de 127.900 euros para mellorar un tramo da estrada de Ferreira a Goián

•Dentro do Plan Integral de melloras da rede viaria provincial

• Pantón é un dos 17 concellos lugueses que se van beneficiar das primeiras actuacións do Plan Integral de melloras da rede viaria provincial, que está a iniciar a Deputación de Lugo.
REHABILITACIÓN DO FIRME EN DOUS QUILÓMETROS
En concreto, no municipio de Pantón, as melloras afectarán a un tramo da estrada entre Ferreira e Goián. Segundo explicaron os responsables provinciais, a actuación consistirá na rehabilitación do firme na estrada LU-P-4109, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,090. A partida orzamentaria que destina a Deputación para esta obra é de 127.900 euros.
A finais de setembro estaba en marcha o proceso de contratación desta obra, xunto con outras seis que afectarán a un total de sete municipios do centro, sur e norte da nosa provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda súmase ao colectivo «Lemos Le» no Día da Biblioteca

Seguinte Nova

Máis actividades para adultos na axenda de Pantón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: