Comeza o curso na Casa da Xuventude de Chantada

• A programación, deseñada para a mocidade entre 10 e 30 anos, ofrece unha decena de actividades variadas

As actividades da Casa da Xuventude de Chantada estimulan a creatividade e ofrecen unha interesante opción de lecer participativo. Arquivo EC
As actividades da Casa da Xuventude de Chantada estimulan a creatividade e ofrecen unha interesante opción de lecer participativo. Arquivo EC
• Dende o 3 de outubro están en marcha as actividades deste curso na Casa da Xuventude de Chantada. A programación inclúe un total de dez actividades, que abranguen dende a actividade física ata o deseño ou as manualidades nos seus diversos formatos. A matrícula nas actividades é totalmente gratuíta.
HORARIOS
Os luns ten lugar a clase de step, de sete e cuarto a oito e cuarto. Os martes é a quenda da actividade de pintura ao óleo para adultos, de catro e media a sete e media. Tamén ese día desenvólvese o obradoiro de enredad@s na rede, de cinco e media a sete e media.
Os mércores é o día con máis actividade na Casa da Xuventude. Ás catro comezan os obradoiros de cesterámica, reciclaxe e monicreques, que rematan ás seis. A esa hora iníciase o obradoiro de teatro, ata as oito. Pola súa banda, a actividade de fotografía desenvólvese de sete a oito e media.
Xa o xoves, a tarde comeza co obradoiro de luz e son, de cinco a seis e media. De sete a oito e media ten lugar a clase de deseño gráfico. A segunda clase de step da semana desenvólvese os xoves de sete e cuarto a oito e cuarto.
Os venres volve a pintura ao óleo, esta vez para os nenos e nenas, de catro e media a sete e media.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancou o Plan Integral de Mellora dos viais provinciais no sur de Lugo

Seguinte Nova

Clases de xeoloxía por terras de Lemos e Ribeiras do Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: