8 Vivendas rehabilitadas para mozos en Chantada

A Comisión Provincial de Vivenda iniciou nos pasados días o procedemento para a adxudicación dun total de 101 vivendas de promoción pública construídas en once concellos da provincia de Lugo. As vivendas adxudicaranse por sorteo entre todos os demandantes inscritos a día de hoxe no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda nos concellos e no réxime correspondente. 58 das vivendas que se van adxudicar foron rehabilitadas nos barrios históricos de seis concellos e destinaranse a menores de trinta e cinco anos en réxime de alugueiro. O investimento total realizado polo IGVS na rehabilitación e construción destas vivendas supera os doce millóns de euros. Chantada conta con seis destas vivendas na rúa Daniel Vázquez Boo e dúas na Praza de España . O IGVS investiu preto de 1,4 millóns de euros na adquisición de ambos edificios e na súa rehabilitación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entra en funcionamento o parque de bombeiros da comarca de Chantada

Seguinte Nova

Nova campaña promocional da Ribeira Sacra, e apertura do Consorcio Turístico

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: