O Alimentatic formará nas comarcas de Lugo para mellorar a alimentación coas novas tecnoloxías

• Un total de 15 cursos e dúas conferencias maxistrais integrarán este programa ata finais de ano

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, na presentación dos cursos do InLugo para o último trimestre do ano. GPDL
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, na presentación dos cursos do InLugo para o último trimestre do ano. GPDL
• A programación do InLugo  para os maiores inclúe, dentro das súas actividades no último trimestre do ano, o ciclo Alimentatic, centrado na mellora da alimentación a través das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CONSELLOS E SUXERENCIAS ONLINE SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA OS MAIORES
Esta iniciativa aproveita a celebración do Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, para ofrecer unha serie de 15 talleres gratuítos distribuidos por todas as comarcas da nosa provincia, ademais de dúas conferencias maxistrais. Na presentación dos cursos do InLugo, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, lembrou a importancia dunha alimentación saudable ao longo da vida, pero sobre todo “cando imos sumando anos e imos consolidando uns hábitos que non son os máis axeitados”. “O obxectivo do Alimentatic é ensinar aos nosos maiores a coidar da súa saúde cunha dieta saudable empregando as novas tecnoloxías”, salientou o mandatario provincial,
Nos obradoiros do Alimentatic haberá postos con alimentos saudables para os asistentes, que tamén terán á súa disposición unha guía de alimentación en formato dixital “co deseño, por exemplo, dun menú semanal saudable ou consellos para comer ben a prezos económicos”, explicou Campos Conde.
POSIBLE AMPLIACIÓN DO NÚMERO DE CURSOS, POLA ALTA DEMANDA REXISTRADA
A programación completa do InLugo ata decembro incorpora 5 cursos máis, sumando 29 cursos gratuítos con 393 prazas, que se esgotaron no primeiro día de prazo. En apenas 4 horas, rexistráronse máis de 760 solicitudes, co que se repite o gran éxito da convocatoria pasada, na que se cubriron todas as prazas tamén o mesmo día da apertura do prazo.
Os cursos do InLugo van dirixidos a lucenses maiores de 55 anos que queiran achegarse ao uso prático das novas tecnoloxías. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación retoma en outubro o programa Movémonos, para promover a prática deportiva saudable e a dinamización social no rural

Seguinte Nova

O proxecto “Memoria Dixital Lugo” amplía o seu banco de recordos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: