Formación para unha prática máis segura da caza

• Medio Ambiente e a Federación Galega de Caza organizarán un seminario e editarán material informativo

•A comezos de setembro, tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Caza, para organizar diversas actuacións de carácter formativo co fin de diminuír a sinistralidade na prática desta actividade. Na sinatura participaron a titular de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz.
EVITAR ACCIDENTES DE CAZA E DE TRÁFICO, E PRÁTICA DOS PRIMEIROS AUXILIOS
Segundo explicaron dende a Consellería, o convenio inclúe a organización dun curso de formación sobre as medidas de seguridade que se deben adoptar durante a práctica da actividade cinexética, e tamén na organización de batidas para evitar accidentes de tráfico, así como conceptos básicos sobre primeiros auxilios.
DÍPTICOS INFORMATIVOS E CHALECOS DE ALTA VISIBILIDADE
Ademais, o convenio permitirá a posta en marcha da campaña “Caza seguro para cazar ben”, coa elaboración e distribución de dípticos informativos sobre a seguridade na organización de cacerías, e o Decálogo de Seguridade. Tamén se distribuirán chalecos de alta visibilidade.
As actividades poranse en marcha ao longo de outubro e novembro deste ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arte para lembrar a Manuel María no Círculo Saviñao ata o 9 de outubro

Seguinte Nova

Máis axudas a particulares polos danos do xabaril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: