20 persoas participan en Chantada e Carballedo nun obradoiro de emprego da Xunta

• O obradoiro Serra do Faro II ofrece formación remunerada en albanelería, xardinería e atención sociosanitaria • Está a desenvolverse de forma conxunta nos municipios de Carballedo e Chantada • O conselleiro de Economía e Emprego visitou aos alumnos e alumnas que se forman e traballan en Chantada

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Os concellos de Chantada e Carballedo están a acoller de forma conxunta o obradoiro de emprego Serra do Faro II, que organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos dous municipios. Este obradoiro ofrece formación cualificada e práticas remuneradas a un total de 20 persoas en situación de desemprego, nas especialidades de xardinería, albanelería e atención sociosanitaria. Para coñecer de cerca o desenvolvemento desta actividade, o pasado 12 de setembro os participantes no obradoiro de Chantada recibiron a visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O titular autonómico, que estivo acompañado polo alcalde de Chantada, Manuel Varela, destacou que con estes programas «se está a investir en emprego».
FORMACIÓN E TRABALLO REMUNERADO DURANTE O OBRADOIRO, E CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
Os participantes nos obradoiros de emprego que desenvolve a Xunta de Galicia en coordinación cos concellos reciben formación vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade, que lles axudará na búsqueda de emprego ao remate do obradoiro. Durante a duración deste, os alumnos e alumnas xa están a traballar na especialidade correspondente, e recibindo un salario acorde ao convenio colectivo, mediante contratos vinculados a unha actividade formativa. Neste sentido, o conselleiro de Economía e Emprego lembrou en Chantada que o obxectivo do obradoiro é ampliar as súas oportunidades laborais en ocupacións emerxentes e estratéxicas, ao tempo que acceden a un posto de traballo.
OBRAS DE ACONDICIONAMENTO EN ESPAZOS PÚBLICOS, E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
O traballo que realizan os alumnos e alumnas do módulo de xardinería consiste no acondicionamento de varios espazos verdes da capital do Asma, mentres que os participantes no módulo de albanelería están a traballar na mellora da contorna da Praza de Galicia e na ruta dos Codos de Belesar. Pola súa banda, os estudantes do módulo de albanelería que se desenvolve en Carballedo están a realizar traballos de ampliación da nave para servizos municipais do Concello. Por último, os usuarios do centro de día e o centro ocupacional de Asdeme en Chantada están a recibir os servizos asistenciais dos participantes no módulo de atención sociosanitaria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 500 persoas obteñen axudas para manter e aproveitar o monte

Seguinte Nova

Arte para lembrar a Manuel María no Círculo Saviñao ata o 9 de outubro

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: