Arranca o obradoiro social de emprego xuvenil Communitteando da Deputación

• 15 mozos e mozas desempregados recibirán formación remunerada no eido das TIC’s

O presidente e o vicepresidente da Deputación de Lugo recibiron aos 15 lucenses beneficiarios do obradoiro social de emprego xuvenil Communitteando, o pasado 6 de setembro. GPDL
O presidente e o vicepresidente da Deputación de Lugo recibiron aos 15 lucenses beneficiarios do obradoiro social de emprego xuvenil Communitteando, o pasado 6 de setembro. GPDL
• A Deputación pon en marcha a finais deste mes unha nova actuación de fomento do emprego. Trátase do Communitteando, un obradoiro social de emprego xuvenil, que ofrece a 15 mozos e mozas desempregados da nosa provincia formación remunerada no sector das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC’s).
MÁIS INSERCIÓN LABORAL NAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Este obradoiro busca contribuír á inserción laboral da mocidade nun dos nichos de emprego detectados na provincia, neste caso o eido das TIC’s. Outra das finalidades desta acción formativa é contribuír ao acceso universal ás instalacións públicas, xa que os 15 participantes no obradoiro traballarán nun proxecto dixital que axudará a detectar as barreiras arquitectónicas en edificacións de uso público, co fin de eliminalas.
FORMACIÓN ESPECIALIZADA
Os participantes no obradoiro Communitteando, que a Deputación desenvolve en colaboración con COGAMI, reciben formación teórica e prática por un total de 960 horas, así como unha remuneración económica de 650 euros ao mes, correspondente ao salario mínimo interprofesional.
Os contidos formativos están vinculados á adquirir as competencias do perfil profesional do Community Manager, ademais de formación especializada en sistemas operativos, elementos da rede e aplicacións informáticas e microinformáticas. As sesións teñen lugar nas instalacións de COGAMI na capital lucense.
CREAR NOVA WEB PARA IMPULSAR O TRABALLO DE COGAMI
Ao longo do obradoiro Communitteando, os participantes aplicarán os coñecementos adquiridos para crear unha nova páxina web, que impulsará o traballo que realiza COGAMI. Así mesmo, os 15 mozos e mozas desenvolverán conxuntamente no obradoiro unha aplicación tecnolóxica para dispositivos móbiles, coa que se van detectar as barreiras arquitectónicas que haxa nos espazos de uso público da cidade de Lugo.
DESENVOLVERÁN UNHA APLICACIÓN PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na recepción aos 15 mozos e mozos beneficiarios do Communitteando, a aplicación móbil que van desenvolver servirá para que os veciños poidan trasladar, de xeito inmediato e desde os seus dispositivos móbiles, as dificultades de acceso físico que aínda se poden atopar nos edificios e instalacións públicas da cidade da Muralla. “O noso obxectivo é tentar darlles solucións dende todas as administracións responsables”, suliñou Campos Conde.
PROXECTO PILOTO EN LUGO CAPITAL
Por último, o mandatario provincial explicou que este é un proxecto piloto para a cidade de Lugo, aínda que a intención é extendela á totalidade da provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta presentou en Chantada unha guía para a prevención de riscos laborais na vendima

Seguinte Nova

Éxito da V Carreira Popular de Taboada «Entre Pazos e Carballos»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: