Seguen os traballos de mellora nas infraestruturas de Sober

•Investidos máis de 200.000 euros para arranxar unha trintena de camiños municipais •Tamén se acometeu a mellora dos viais na parroquia de Canabal

Imaxe dos traballos de rexeneración dos camiños que desenvolveu o mes pasado o Concello de Sober, con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais. (Foto cedida).
Imaxe dos traballos de rexeneración dos camiños que desenvolveu o mes pasado o Concello de Sober, con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais. (Foto cedida).
• O Concello de Sober continúa a executar diversos traballos de mellora nas diferentes infraestruturas do término municipal.
COFINANCIAMENTO DO AGADER E DO CONCELLO
Por unha banda, o Goberno local puxo en marcha a comezos de agosto os traballos de rexeneración de 30 camiños municipais, para os que destina máis de 200.000 euros. O arranxo do firme con aglomerado en quente realizouse nos accesos a Sistín do Mato dende a estrada de Monforte, ao Campo de Pinol dende a estrada de Doade, e á igrexa de Neiras dende a estrada de A Gándara. As tres obras supuxeron un investimento de 117.000 euros, dos que 97.000 foron aportados por AGADER, e os restantes 20.000 polo propio Concello.
CON CARGO AO PLAN MARCO DE CAMIÑOS
Así mesmo, os accesos aos núcleos de O Cadaval en Doade, Castroseiros e A Devesa en Neiras, As Forcadas e O Lameiro en Amandi, a Cima de Vila e O Barrio en Figueiroá, e o acceso a Rivas en Rosende, están financiados con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais.
PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN
Ademais, e con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo, cunha dotación de 40.000 euros, o Concello ten previsto rexenerar os accesos a O Vidual en Doade, Pinol de Abaixo, A Somoza e Paradel en Santiorxo, A Lama de Liñarán, e Mourentán en Doade.
O núcleo de San Pedro de Canabal, no que o Concello vén de mellorar os accesos. (Foto cedida).
O núcleo de San Pedro de Canabal, no que o Concello vén de mellorar os accesos. (Foto cedida).
FINANCIADOS CON FONDOS PROPIOS
Por último, o Concello está a investir preto de 50.000 euros de fondos propios para arranxar os camiños de As Laxes e Vilastrille de Abaixo en Proendos, Sante de Abaixo en Bulso, Casanova en Bolmente, Prados en Figueiroá, O Campo de Bulso, Naz de Abaixo en Rosende, e A Barca en Anllo, así como o Camiño Novo da Panadería en Canabal, entre outros. Xunto a estas actuacións, o Concello de Sober procedeu ao rebacheo xeral das estradas municipais, e desbroce das cunetas.
MELLORAS EN CANABAL
As dotacións urbanas do barrio de San Pedro en Canabal son outra das actuacións que se están a desenvolver no término municipal de Sober. As obras, financiadas cunha achega de 40.000 euros da Consellería de Presidencia, consisten na mellora con aglomerado asfáltico da entrada á parroquia de Canabal dende o cruce da estrada de Telleiros e o vial que sae á estrada de Sober. Ademais, construirase un paseo peonil  pola beirarrúa da estrada «necesario para mellorar a seguridade vial na zona», explicou o alcalde. Fernández Guitián destacou a mellora que vai supoñer esta actuación para os accesos dos barrios da Estación, A Cha, San Pedro e A Igrexa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Diversión e recreación histórica na III Festa Castrexo Romana de Quiroga

Seguinte Nova

Sober incorpora cinco novas áreas biosaudables no rural

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: