Crónica del sur de Lugo

O BNG renova ao seu cabeza de lista no Saviñao

Os membros da candidatura realizaron a foto de familia nos pasados días no parque situado fornte ao Concello BNG

O BNG presentaba nos pasados días a súa candidatura no concello do Saviñao nunha cea na que os membros da lista nacionalista se viron apoiados por diversos responsables políticos doutros concellos da comarca de Lemos e Chantada. Esta formación estrea candidato á alcaldía na persoa de Francisco Nieves Rajo,actual responsable local do BNG do Saviñao, que ven a substituír ao actual concelleiro Xosé Manuel Rodríguez á fronte do grupo municipal. Acompáñano neste proxecto Antía Nieves, Tar López, Tania Mirás, Marcos Taboada, Paula Fernández, Benigno González, Agustín López, Marina Fernández, María José Sánchez e Xosé Manuel Rodríguez.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

     
Ir a Inicio