O BNG de Chantada reclama a reactivación da A-56

O Pleno chantadino acordou nos pasados días por unanimidade dirixirse ao Ministerio de Fomento para que inclúa entre as súas prioridades a reanudación das obras, complete as licitacións pendentes e cantos outros trámites sexan precisos para que a autovía Lugo Ourense conte de xeito inmediato con financiamento suficiente e con data certa de remate para cada tramo da A- 56. Esta proposta partía dunha moción presentada polo BNG, que considera que a paralización da autovía non está a ser momentánea, tal e como indicaban dende o Goberno estatal, e que tampouco está a afectar só aos tramos xa iniciados mentres se mudaba a forma de financiamento, senón que “estendeuse á totalidade da infraestrutura e prolongase no tempo sen que se albisquen sinais de que o Ministerio de Fomento a vaia continuar de inmediato”, salientan.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP critica a actuación do goberno provincial no municipio de Pantón

Seguinte Nova

O BNG renova ao seu cabeza de lista no Saviñao

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: