O PP critica a actuación do goberno provincial no municipio de Pantón

O Grupo Provincial do Partido Popular ven de criticar que a Deputación non acometera no concello de Pantón, durante estes catro anos, ningunha das obras que estaban comprometidas, algunhas delas incluso adxudicadas, por un importe total de 2,6 millóns de euros, mentres que “a mes e medio das eleccións locais, o seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, acude ao municipio a prometer actuacións que non chegan no seu conxunto aos 10.000 euros”, explicaron. “E fixoo, ademais, sen comunicar de xeito oficial a súa visita o alcalde”; un proceder que dende o Partido Popular interpretaron como falta de respeto institucional.

Pero os populares tamén reprocharon a Besteiro que tampouco se avanzara nada nesta lexislatura na construcción do polígono industrial de Ferreira, dotación comprometida xa polo anterior goberno provincial pero do que só hai o cartel anunciador posto daquela. Con todo isto, para o Grupo Provincial do Partido Popular, “o esquecemento ao que a Deputación someteu o concello de Pantón nesta lexislatura non supón novidade, posto que constitúe un trato similar ao que recibiron moitos municipios da provincia”, indicaron. Así por exemplo, lembraron que a día de hoxe non se coñecen as razóns polas que varias obras, recollidas xa nun BOP de maio do ano 2007, non se levaron a cabo. É o caso do arranxo da estrada de Santamariña a Guítara, presupostada en 820.000 euros, adxudicada e cos terreos precisos dispoñibles; da de Ferreira a Goián para a que se consignaran 618.900 euros; a do Curro por Pantón a Touriz, por 559.000 euros, ou a de Acedre-Seragude para a que se destinaran 455.000 euros. Incluso a dotación do saneamento a Goián, á que o anterior goberno da Deputación lle consignara 225.000 euros e que, dado a tardanza en realizala, foi asumida e executada pola Xunta actual.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Accións formativas multidisciplinares en Pantón

Seguinte Nova

O BNG de Chantada reclama a reactivación da A-56

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: