Quiroga celebra as Festas do Verán e a XXV Mostra do Mel

•Os días 5, 6 e 7 de agosto celébranse as Festas do Verán, para culminar o 10 de agosto coa Mostra do Mel

Animación constante no centro de Quiroga durante as Festas do Verán e a Mostra do Mel. Arquivo EC.
Animación constante no centro de Quiroga durante as Festas do Verán e a Mostra do Mel. Arquivo EC.

• Quiroga continúa coa programación de actividades dos meses estivais, que culminan coa celebración das Festas do Verán os días 5, 6 e 7 de agosto, e a XXV Mostra do Mel de Quiroga, o día 10.

PROGRAMA DAS FESTAS DO VERÁN
O primeiro dos actos lúdicos é a XI Festa da Comunidade, que se celebra na noite do día 5, na Praza da Constitución. Ese mesmo día ten lugar, na mesma praza, o III Torneo Street Soccer, organizado pola Área de Deportes do Concello. A música estará presente da man da Banda de Folk de Ribas de Sil, cunha actuación tamén o día 5, dentro do programa Musiqueando, da Deputación de Lugo. A xornada completarase coa Festa da Xuventude, na que se fará entrega dos diversos premios convocados nos últimos meses.
O sábado 6 de agosto, haberá unha Tarde de Maxia na Praza de España, a cargo de Apren-Deimi, dentro da programación que organiza Agadic. Xa o domingo día 7, desenvolverase a actividade Pinta co Xiz, organizado pola Área de Educación e Infancia do Concello. A continuación, terá lugar o espectáculo de rúa “A invasión pirata”, a cargo de Troula Animación, dentro da programación de Agadic.

XXV MOSTRA DO MEL DE QUIROGA
A XXV Mostra do Mel de Quiroga desenvolverase ao longo da xornada do mércores 10 de agosto. O sorteo dos postos de venda e a entrega das credenciais aos apicultores participantes celebrarase o luns 8 de agosto ás oito e media da tarde, na Casa da Cultura. O propio día da Mostra, o mércores 10, inaugurarase o recinto feiral ás once da mañá, e a animación musical estará a cargo da charanga Terras do Bibei ao longo da xornada de mañá, na que se poderá mercar mel de Quiroga e diversos produtos típicos das terras quiroguesas. A Mostra do Mel coincide coa celebración da feira e mercado do mes de Quroga.
O resto do mes continúan os campamentos de verán para nenos e nenas, así como o curso de estimulación cognitiva para maiores no Centro Social. Por outra banda, o día 27 celebrarase o XVII Encontro de Poetas no Val de Quiroga, e do 28 de agosto ata o 12 de setembro está aberta a exposición “Catro médicos polo Sil”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 200 corredores encheron a primeira edición da I Night Trail Quiroga

Seguinte Nova

249 parados menos no sur de Lugo en xullo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: