A Deputación inviste en Monforte preto de 700.000 euros en emprego, infraestruturas e servizos sociais

•Entre as infraestruturas previstas, está o arranxo de tres rúas e do saneamento na rúa de San Pedro, actuacións que o alcalde cualificou de «estructurantes» para a cidade

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, durante a sinatura do convenio xunto ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e membros da corporación local monfortina, o pasado 15 de xullo. EC
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, durante a sinatura do convenio xunto ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e membros da corporación local monfortina, o pasado 15 de xullo. EC

• O pasado 15 de xullo, tivo lugar en Monforte a sinatura do convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello, polo que o organismo provincial investirá preto de 700.000 euros en diversas actuacións en emprego, infraestruturas e servizos sociais na cidade do Cabe.
Por este motivo, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, achegouse a Monforte, onde foi recibido no Consistorio pola Corporación local, encabezada polo alcalde, José Tomé Roca. Acto seguido, o mandatario provincial asinou no Libro de Ouro da cidade de Monforte, e a continuación procedeuse á sinatura do convenio de colaboración entre ambas institucións.

CUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS ADQUIRIDOS NA PRIMEIRA VISITA DO PRESIDENTE PROVINCIAL A MONFORTE
Según destacou Campos Conde, este convenio supón o primeiro investimento do Orzamento provincial de 2016 para o municipio de Monforte, cunha dotación de preto de 700.000 euros. Darío Campos lembrou que a súa primeira visita institucional como presidente da Deputación de Lugo foi ao Concello de Monforte, o pasado mes de novembro. «Nesa visita, abordei co Alcalde as necesidades do municipio para mellorar as prestacións públicas e a calidade de vida dos 19.000 monfortinos, e adquirín varios compromisos para darlles resposta dende o organismo provincial», suliñou Campos Conde. O presidente da Deputación afirmou que «agora ese compromiso xa é unha realidade, co investimento de preto de 700.000 euros para crear emprego, impulsar os servizos sociais, e mellorar as infraestruturas deste municipio».
Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, agradeceu ao mandatario provincial a colaboración da Deputación a través deste convenio, «moi importante tanto pola contía económica como polas actuacións que vai permitir poñer en marcha».

ARRANXO DE VARIAS RÚAS E DO APARCADOIRO DO PARQUE DOS CONDES
En primeiro lugar, Tomé explicou os investimentos que se van realizar en infraestruturas con cargo a este convenio. Así, destinaranse 245.000 euros para a mellora con aglomerado en quente do firme de varias rúas céntricas que funcionan como vías de articulación do tráfico de entrada e saída da cidade. En concreto, investiranse 81.000 euros para o arranxo de preto de un quilómetro da rúa Calvo Sotelo, que presenta un firme deteriorado «dende hai anos», según explicou Tomé. Outros 24.000 euros irán para o arranxo de algo máis de 300 metros de vial na rúa Benito Vicetto. Ademais, investiranse 80.000 euros na mellora do aparcadoiro do Parque dos Condes, obra «moi importante para Monforte porque alberga preto de 500 coches, e dende que se fixo hai 12 anos precisa de mantemento do firme e mellor sinalización», precisou o alcalde.
Ademais, destinaranse 60.000 euros para o arranxo de 630 metros da rúa 1 do Polígono do Reboredo, en cumprimennto do compromiso de Concello e Deputación «de axudar ás empresas para que conten cunhas infraestruturas de comunicación axeitadas para desenvolver mellor a súa actividade», suliñou Tomé.

OBRAS «ESTRUCTURANTES» DE GRAN IMPORTANCIA PARA A CIDADE
Outra das actuacións anunciadas en Monforte, que se financiarán a través deste convenio coa Deputación, ten que ver coa mellora da rede de saneamento na rúa de San Pedro. Según explicou o alcalde, os arranxos faranse no punto de confluencia da rede nesta rúa, co fin de suprimir as filtracións de auga limpa que se producen no tramo da rúa Valle Inclán e chegan pola Florida e Calvo Sotelo ata o colector emprazado na rúa de San Pedro. A Deputación aporta a esta obra un total de 155.000 euros, que se completan con outros 180.000 achegados polo Concello do crédito recollido nos orzamentos municipais.
Tanto o alcalde como o presidente da Deputación coincidiron en destacar a trascendencia destas obras, de carácter «estructurante e non obras florero», que resultan «moi importantes para a zona urbana e tamén para a industrial».

TRIPLÍCASE O INVESTIMENTO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS
Así mesmo, o convenio entre Deputación e Concello destina 92.928 euros para as obras municipais de Monforte incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2016. Según explicaron os responsables provinciais, esta cantidade supón triplicar o investimento da anualidade anterior, porque o presidente provincial decidiu «multiplicar por tres» o investimento da Deputación nos Concellos a través deste programa.

AFORRO ENERXÉTICO E SEDE ELECTRÓNICA
O convenio asinado entre Deputación e Concello de Monforte reserva 15.000 euros para o Conservatorio de Música, incluídos no apartado de subvencións nominativas, e dos que se adiantará un 80% por primeira vez neste tipo de achegas.
Por outra banda, o Plan de Aforro Enerxético da Deputación asigna 31.529 euros ao Concello de Monforte, segundo os criterios establecidos nas bases do plan. Estes cartos financiarán melloras no alumeado público, a instalación de caldeiras ou estufas de biomasa, e tamén novas redes de calor e illamentos térmicos.
Monforte tamén vai recibir 6.305 euros para mellorar a súa sede electrónica antes do 1 de outubro deste ano, pola obriga que impón a entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

CREACIÓN DE EMPREGO
As partidas para Monforte inclúen investimentos no fomento do emprego. Así, a través do DepuEmprego, a Monforte correspóndenlle 63.502 euros, dentro deste Plan de Emprego da Deputación nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Por outra banda, o convenio co organismo provincial inclúe 30.000 euros para a Feira Medieval, incluídos como subvención nominativa, cun adianto do 80%.

PARTIDAS PARA SERVIZOS SOCIAIS
Neste eido, Monforte vai recibir 23.744 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), según lle corresponde en base ao seu índice de envellecemento, superficie, densidade de poboación e unidades de poboación. Cabe destacar que, por vez primeira, o SAF vai ter un custe cero para os concellos, e tamén por vez primeira se lles adiantará o 90% dos fondos, e se lles financiará, ademais dos gastos de persoal, tamén os de funcionamento.
A aportación do convenio para servizos sociais complétase con 5.000 euros para Auxilia Monforte, e 10.000 euros para Alzheimer Monforte. Ambas partidas foron aprobadas como subvencións nominativas, e se lles adiantará ás asociacións o 90% dos fondos adxudicados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

3 millóns de euros para o DepuEmprego, o plan de emprego da Deputación nos concellos

Seguinte Nova

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CHANTADA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: