Xa á venda as entradas para participar na XI Festa da Comunidade en Quiroga

O venres 5 de agosto a partir das 21,30 horas, terá lugar no Parque da Constitución a cea conmemorativa da XI Festa da Comunidade, enmarcada na programación das Festas do Verán que organiza o Concello de Quiroga. A cea consistirá nunha gran paella, pan, bebidas variadas, e tarrina de xeado, que se poderá disfrutar en mesas e sillas instaladas pola organización. A partir das 23,00 horas, iniciarase unha velada musical, a cargo da Banda Folk de Ribas de Sil. A entrada para participar na cea e velada da XI Festa da Comunidade de Quiroga é de 6 euros por persoa, e poderase adquirir na Casa de Cultura de Quiroga e no Centro Social de Quiroga, ademais de nos establecementos quirogueses Bar Palmeiras, Bar Portón, Librería Carmen, Bar Quiper, Bar Lago, Bar Félix, Bar Zorro, Bar Recuncho de Dino, Bar Dakar, Todo 100 e Loterías Ana.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

QUIROGA CELEBRARÁ O DÍA DE GALICIA

Seguinte Nova

Aberto o prazo para inscribirse na XXV Mostra do Mel de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: