Comezaron este mes as obras do saneamento en Vilamaior e Telleiros

Imaxe do inicio dos traballos do saneamento nos núcleos soberinos de Vilamaior e Telleiros, que comezaron en xullo.  (Foto cedida).
Imaxe do inicio dos traballos do saneamento nos núcleos soberinos de Vilamaior e Telleiros, que comezaron en xullo. (Foto cedida).

• Na primeira semana de xullo, o Goberno local de Sober iniciou os traballos de construción do saneamento e depuración de augas residuais nos núcleos de Vilamaior e Telleiros, integrados na parroquia de Refoxo.
Según explicaron dende o Goberno municipal, os traballos contan cun orzamento de 70.000 euros, o 95% dos cales corresponden a unha achega da Deputación de Lugo. Ademais das correspondentes canalizacións, o proxecto inclúe a construción dunha depuradora no lugar de Cucarel. Os traballos están a ser desenvolvidos por unha empresa local, e estímase que estarán rematados a finais deste mes.
Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o seu equipo de Goberno está a facer “unha aposta polo saneamento do rural, para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas”. Guitián destacou tamén que estas obras son “un compromiso claro e decidido polas melloras medioambientais”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xunta e Concello de Sober asinaron o convenio para o saneamento de tres núcleos da parroquia de Bolmente

Seguinte Nova

Sober celebrou o XII Festival de Bandas de Música

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: