Xunta e Concello de Sober asinaron o convenio para o saneamento de tres núcleos da parroquia de Bolmente

•O importe é de algo máis de 400.000 euros •Permitirá dotar de saneamento e depuración a Ferrón, A Igrexa e O Pinar

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou o convenio co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o pasado 8 de xullo en Santiago. CMAOT
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou o convenio co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o pasado 8 de xullo en Santiago. CMAOT

• A comezos deste mes, tivo lugar en Santiago a sinatura dun convenio entre Xunta e Concello de Sober para dotar de saneamento e depuración a tres núcleos da parroquia soberina de Bolmente. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asinaron o documento, polo que se destinan algo máis de 400.000 euros á dotación destes servizos nos núcleos de Ferrón, A Igrexa e O Pinar, que na actualidade só contan co servizo de abastecemento. Este orzamento está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O verán, tempo de campamentos no sur de Lugo

Seguinte Nova

Comezaron este mes as obras do saneamento en Vilamaior e Telleiros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: