Monforte asinou o nacemento da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España

•A sinatura deste protocolo, ao que se sumaron 18 cidades, tivo lugar no Parador de Monforte

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comezos de xullo, Monforte convertiuse no epicentro do mapa cultura e da innovación de España, coa sinatura do protocolo da nova Rede de Ciudades y Territorios Creativos de España. A constitución desta rede tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos o 2 de xullo, no marco dunha convención da Asociación España Creativa, para reflexionar sobre a creatividade e o pulo innovador que supoñen as industrias culturais, coa figura de Miguel de Cervantes como eixo da xornada inaugural.

IMPULSO Á ECONOMÍA CREATIVA
O protocolo da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España contou coa adhesión de 18 socios fundadores, entre os que están os concellos de Madrid, Ávila, Santander, Segovia ou San Sebastián, ademais de Monforte de Lemos, cidade anfitriona do acto. Así mesmo, tamén se adheriron a esta Rede a Deputación de Lugo, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o cabildo de Tenerife, a Xunta de Galicia, e a Junta de Castela e León.
O protocolo da nova Rede de Cidades e Territorios Creativos de España ten como obxectivo impulsar, no medio urbano e no rural, a innovación e creatividade económica e tecnolóxica, ademais da cultural e artística, xunto coa innovación e creatividade social e territorial. A razón de ser desta Rede é tamén impulsar o traballo colaborativo e en rede, no eido do emprendemento creativo e cultural, implicando a cidades e entidades, e aplicando a innovación científica.•

•Cervantes, moda e deporte: á busca da innovación creativa

• A constitución da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España materializouse no marco dunha convención sobre creatividade e innovación, con especial atención á figura de Cervantes. A xornada do 1 de xullo estivo adicada á universalidade e modernidade de Cervantes e o Século de Ouro español, coa conferencia inaugural da escritora Espido Freire, precedida pola intervencións das diversas autoridades, como o alcalde de Monforte, José Tomé; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; e a promotora desta iniciativa, a monfortina Belén Elisa Díaz, profesora da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e presidenta da Asociación España Creativa.
Ademais de Espido Freire, a convención celebrada en Monforte reuniu nesta cidade a persoeiros das diversas disciplinas creativas. Así, falaron en Monforte Modesto Lomba, deseñador de moda e presidente da Asociación de Creadores de Moda de España; Andrés Barbé, presidente do Cluster Audiovisual Galego; a monfortina Manuela Sáez, doctora en Historia da Arte e investigadora; Iñaki de Miguel, ex baloncestista olímpico e presidente da Fundación Incorpora Deportistas Solidarios; ou Raúl Chapado, ex atleta olímpico e socio-director de Movisports Solutions.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto ata o 14 de xullo o prazo para participar na 18ª Mostra de Artesanía Local Artelemos

Seguinte Nova

O Goberno provincial inicia este mes a execución do Orzamento cun primeiro impacto económico de preto de 11 millóns de euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: