O Concello de Monforte recupera a fonte da explanada da Compañía logo de 8 anos sen funcionar

Imaxe da fonte da explanada da Compañía, posta en funcionamento este mes logo dos traballos de recuperación desenvolvidos polo Goberno local de Monforte. GPCM.
Imaxe da fonte da explanada da Compañía, posta en funcionamento este mes logo dos traballos de recuperación desenvolvidos polo Goberno local de Monforte. GPCM.

• A praza da Compañía de Monforte recuperou este mes un dos seus atractivos urbanísticos. A fonte da explanada voltou a dar vida ao entorno co seu espectáculo de auga e luz, logo da súa posta en marcha pola brigada municipal de obras de Monforte, despois de oito anos sen funcionar.

DETERIORO NO SISTEMA POLO PASO DO TEMPO
O alcalde de Monforte, José Tomé, explicou que os traballos prolongáronse máis do previsto, debido ao deterioro que presentaba o sistema eléctrico e a rede de auga da fonte, causados polo paso do tempo. “Ao final, todos estes problemas resolvéronse, e a fonte volve estar operativa para o goce dos veciños e tamén dos visitantes”, suliñou Tomé.
A fonte dispón de 12 chorros, que ofrecerán o xogo de auga de once da mañá ás tres da tarde, e reiniciarse ás sete para continuar ata a unha da madrugada, incorporando a luz no horario nocturno.

COMPROMISO ELECTORAL CUMPLIDO PARA RECUPERAR AS FONTES DE MONFORTE
Coa posta en marcha da fonte da explanada da Compañía, o Goberno local remata o proceso de recuperación de todas aquelas que levaban anos paradas. “A posta en funcionamento das fontes de Monforte era un dos meus empeños persoais”, suliñou José Tomé, que precisou que “con esta última posta a punto, damos cumprimento a un dos compromisos da campaña electoral”.

TOMÉ: “FACER DE MONFORTE UN DESTINO MÁIS ATRACTIVO PARA OS VISITANTES”
O alcalde de Monforte lembrou que o obxectivo deste compromiso foi “embelecer aínda máis a nosa cidade, para que os paseos sexan máis agradables, e tamén para facer de Monforte un destino máis atractivo para a xente que nos visita”.•

•Limpeza da Lagoa do Parque dos Condes, e plantación de novas frores na Compañía

Imaxe da nova plantación nos xardíns da praza da Compañía de Monforte. GPCM.
Imaxe da nova plantación nos xardíns da praza da Compañía de Monforte. GPCM.

• Un total de 2.600 exemplares de fror foron plantadas nos últimos días pola brigada de Parques e Xardíns de Monforte na contorna da praza da Compañía, así como nas prazas de España, Os Chaos e diversos espazos ao longo da cidade. Ademais, realizáronse traballos de limpeza e drenaxe da Lagoa do Parque dos Condes, ao tempo que se reparou a avaría da cascada que está debaixo da ponte. “Consideramos que a Lagoa merece unha especial atención, xa que o Parque dos Condes é un dos espazos verdes de referencia”, suliñou o alcalde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte pechará o calendario das Feiras do Libro da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Monforte será punto de partida da 6ª etapa de La Vuelta 2016

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: