Aberto o prazo para o concurso Os Maios de Monforte

A Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte de Lemos convoca un ano máis o Concurso OS MAIOS, que este ano terá lugar o mércores 5 de maio. Deste xeito, ese día ás cinco e media da tarde os Maios que se presenten ao concurso xuntaranse na Praza de España onde se interpretarán as coplas. Poderán participar no concurso todos os monfortinos que o desexen, e o tema versará sobre calquera tipo de Maio. Pola súa parte, os Maios sairán a percorre-las rúas da cidade libremente, pero logo xuntaranse na Praza de España, onde se interpretarán as coplas e a continuación actuará o Grupo de Gaitas do Concello de Monforte. As solicitudes para a inscrición, así como as coplas, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O último día de presentación das mesmas será o 4 de maio antes das dúas do mediodía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Case 300 asociacións veciñais lucenses recibirán este ano axudas por 2,3 millóns de euros

Seguinte Nova

Vivendas protexidas e en aluguer: A Xunta deu comezo á adxudicación en Monforte, Sarria e Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: