Julia Rodríguez pediu no Parlamento que se implante a hospitalización a domicilio no Hospital de Monforte

• O 15 de abril, o Parlamento de Galicia aprobou, co único voto favorable do Grupo Popular e o voto en contra de PSOE, BNG e AGE, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda a implantación do servizo de hospitalización a domicilio no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Según precisou na súa intervención a deputada monfortina do PP, Julia Rodríguez, este servizo «redundaría aínda máis na mellora asistencial dos pacientes logo dos novos servizos que se implantaron neste hospital».

Na súa intervención, Julia Rodríguez lembrou que «a poboación destinataria dos servizos sanitarios do Hospital Comarcal de Monforte está formada, nunha elevada proporción, por persoas de máis de 65 anos». Rodríguez precisou que este perfil de pacientes «en moitos casos pola súa patoloxía e o seu estado clínico, poderían verse beneficiados por este tipo de servizo, que lle proporcionaría atención de rango hospitalario no seu propio fogar».

Ademais, a deputada monfortina do PP avogou por «continuar poñendo en valor o Hospital Comarcal de Monforte, sobre todo a súa calidade asistencial, logo de que os usuarios esteamos a ver os beneficios que supuxo a posta en marcha da área de xestión integrada, tanto a nivel de mellora dos servizos, dos novos investimentos e da maior presenza de profesionais». •

• RODRÍGUEZ DESTACOU AS VANTAXES DA HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO

•A deputada do Partido Popular explicou as vantaxes que supón este servizo. Según Rodríguez, facilita unha maior implicación do paciente e a súa familia nos coidados sanitarios, unha mellor evolución da enfermidade, a redución dos riscos de infeccións hospitalarias, a diminución das visitas destes pacientes a urxencias «e, sobre todo, unha maior humanización da asistencia sanitaria».

«Son moitos os estudos publicados que acreditan moi bos resultados na evolución de certas patoloxías despois de ingresos en hospitalización a domicilio, ata o punto de que existe unha baixa taxa de reingresos no hospital durante o seguinte mes, pola mesma patoloxía», engadiu Julia Rodríguez.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Miguel Rodríguez Bugarín, premio “Monforte al Ferrocarril”

Seguinte Nova

Actividades da asociación O Colado do Vento en maio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: