Comezaron as charlas informativas sobre o novo GDR

• Dende o pasado 18 de abril, estanse a impartir nos concellos unha serie de charlas divulgativas, abertas aos público en xeral, para dar a coñecer a candidatura do novo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) que vai optar á xestión dun novo programa Leader 2014-2020.

REORGANIZACIÓN DOS GRUPOS ACTUAIS EN TODA GALICIA

Este novo grupo estará integrado polos concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, As Nogais, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, O Saviñao, Sober e Triacastela. A reorganización dos GDR abrangue a toda Galicia, que pasará a contar con 24 Grupos de Desenvolvemento Rural, fronte aos 31 que tivo ata agora. Na provincia de Lugo, os 8 grupo existentes reorganizaranse en 6.

O NOVO GDR NA ZONA SUR INTEGRARÁ A 13 CONCELLOS

Estes 13 municipios están a acoller as sesións informativas onde se explican todos os detalles da nova situación administrativa e de xestión. Aspectos como os pasos para a constitución do novo GDR, o contido da candidatura que hai que elaborar para optar ao programa Leader, ou os ipos de proxectos que se poden acoller a esta liña de subvencións están a ser comentados nestas sesións informativas.

O calendario divulgativo comezou en Bóveda o día 18 de abril, e continuou en O Incio o día 20, en Ribas de Sil o 21, e en As Nogais o 22. Está previsto que continúen as charlas durante o mes de maio.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito do Club Quixós nas Copas de España de Augas Bravas clásica e sprint

Seguinte Nova

Sober inicia a última fase de sinalización integral do rural e puntos turísticos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: