A hostalería centrou a primeira mesa sectorial do programa de emprego xuvenil e participativo LuGoWork

•O presidente da Deputación mantivo o día 25 un encontro cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo

•A xuntanza tivo como obxectivo definir conxuntamente, e baseándose nas necesidades deste sector, as accións formativas que integrarán o LuGoWork

Na primeira mesa sectorial do LuGoWork, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, reuniuse cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, o 25 de abril. GPDL.
Na primeira mesa sectorial do LuGoWork, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, reuniuse cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, o 25 de abril. GPDL.

• O plan de emprego xuvenil e participativo LuGoWork, que está a poñer en marcha a Deputación de Lugo, iniciou a súa fase de reunións sectoriais cunha xuntanza cos hostaleiros, celebrada o 25 de abril. Ese día, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, reuníronse cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, para definir de xeito conxunto as accións formativas que van desenvolverse na segunda fase deste programa de emprego xuvenil. A participación dos hostaleiros, a través das súas propostas e da necesidades que detectan, resultará clave para configurar as actividades de formación que desenvolverán os máis de 300 mozos e mozas de 18 a 30 anos participantes no LuGoWork.

UN PROGRAMA EN TRES FASES

Según explicou o presidente da Deputación, este programa de emprego xuvenil participativo inclúe tres fases. A primeira, está centrada no diagnóstico das necesidades de cada un dos sectores produtivos da provincia, así como nas valoración das demandas que se realizan dende o eido da formación, e tamén escoitando as suxerencias da propia mocidade. O primeiro destes encontros celebrouse a mediados de marzo, coa participación de representantes dos centros educativos e da Universidade de Santiago, empresarios e profesionais, así como de mozos e mozas. Campos Conde explicou que, unha vez completada esta fase de diagnóstico conxunto, iniciarase a segunda parte do LuGoWork, centrada no desenvolvemento de accións formativas dos mozos participantes, en empresas lucenses, que se completará coa última fase, adicada á inserción laboral dos beneficiarios.

MÁIS ENCONTROS SECTORIAIS DURANTE O MES DE MAIO

Campos Conde adiantou que, durante o mes de maio, a Deputación celebrará mesas sectoriais e encontros cos profesionais de todos os sectores, dende a madeira ata o comercio, pasando polas TIC ou a construción, co fin de avaliar os nichos de emprego na provincia e telos en conta para o deseño das accións formativas. O mandatario provincial lembrou que os empresarios que o desexen poden enviar as súas propostas a través da web www.deputacionlugo.gal, na que xa participaron 50 empresas lucenses. •

LUGOWORK, UN PLAN DE EMPREGO PARA A MOCIDADE LUCENSE E NO QUE PARTICIPAN TODOS OS AXENTES SOCIAIS

•QUE É O LUGOWORK?

O programa LuGoWork é unha das novas iniciativas para o fomento de emprego postas en marcha este ano pola Deputación de Lugo. As particularidades do LuGoWork residen, por unha banda, no perfil dos beneficiarios, mozos e mozas lucenses de entre 18 e 30 anos que estean en paro, e por outra, no carácter participativo do programa, xa que a Deputación está a manter contactos con todos os axentes sociais da provincia para que acheguen as súas propostas ou necesidades.

Dende a Deputación destacaron que é a primeira vez que se pon en marcha un programa de emprego con estas características na nosa provincia.

COMO SE FINANCIA ESTE PROGRAMA?

O programa de emprego xuvenil LuGoWork está dotado con 2 millóns de euros procedentes do Fondo Social Europeo, que a Deputación de Lugo conseguiu captar a través da Escola de Organización Industrial (EOI).

•QUE OFRECE O LUGOWORK AOS MOZOS E MOZAS LUCENSES?

Este programa, posto en marcha pola Deputación de Lugo, ofrece a un mínimo de 300 rapaces formación gratuíta para a súa inserción laboral por conta allea, en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custes salariais e de seguridade social dos novos traballadores durante un periodo de 6 meses. O LuGoWork tamén ofrece apoio a través do autoemprego, fomentando o emprendemento. Nesta opción, os mozos e mozas recibirán directamente ata 3.000 euros para poñer en marcha os seus propios negocios.

•O LUGOWORK ESIXE ESTAR INSCRITO NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.

Dende a Deputación, están a remarcar a importancia de que os mozos e mozas que opten ao LuGoWork estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, xa que é un dos requisitos esixidos pola Unión Europea para participar neste programa. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha a oitava edición da campaña “As compras na túa vila teñen premio”

Seguinte Nova

Constituída a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: