O proxecto da residencia de Bóveda estima xerar máis de 80 empregos directos

Confirma a aposta polo sector da asistencia a dependentes como un dos motores laborais con futuro na comarca

Redacción Monforte

Edificio no que se instalará a futura residencia. EC

Nunha entrevista concedida a este xornal, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, xa aseguraba fai unhas semanas que o proxecto da residencia sería moi beneficioso para a localidade. Recentemente, un novo paso dá forma a esta iniciativa, xa que a Consellería de Economía e Industria ven de anunciar que financiará mediante un préstamo de catro millóns de euros a construción, equipamento e posta en marcha deste centro residencial, que pasará a estar destinado a persoas dependentes, con discapacidade intelectual grave. Deste xeito, o centro, que se estima xerará máis de 80 empregos directos en plena ocupación, suporá un investimento de 7,7 millóns de euros e prevé habilitar 116 prazas residenciais e outras trinta como centro de día.

Referencia en Galicia

No momento da súa visita a Bóveda, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunciaba así o desbloqueo das obras para dar paso a unha nova residencia para persoas discapacitadas e dependentes. Pola súa parte, o investimento, que promove a sociedade Atención Integral Personalizada (AIPSL), prevé a creación e posta en funcionamento dun centro residencial de referencia a nivel galego para facilitar atención integral, principalmente en réxime de internado concertado, a persoas de máis de 16 anos con discapacidade intelectual gravemente afectadas e dependentes. Así, as instalacións, que contarán cunha superficie construída total de 4.500 metros cadrados, estarán destinadas a garantir o aloxamento, manutención e prestación dunha atención integral a persoas con discapacidade intelectual. Ao mesmo tempo, “xerará novos empregos, tanto directos como indirectos, en Bóveda e na comarca”, tal e como sinalou o conselleiro, Javier Guerra.

Expectativa de emprego e utilidade social: os veciños de Bóveda opinan sobre este proxecto

Carmen Arias – Ama de casa

“Non estou moi informada do proxecto, pero sobra dicir que todo o que sexa traer emprego para Bóveda é bo. Ademáis, un servizo para dependentes sempre está ben”.

Jesús Varela – Desempregado

“Paréceme ben. Tanto en Bóveda como en moitos outros sitios é necesario crear emprego, e se van ser 80 postos de traballo iso sempre é beneficioso. En canto ao resto, tamén está ben, haberá moitas familias que necesiten deste servizo urxentemente”.

David Taboada – Administrativo

“Non sei ainda se será desta vez, porque esa residencia leva moito tempo parada. Agora, de poñerse en marcha claro que será bo, tanto para crear emprego como para atender a persoas con discapacidade, que sempre necesitan de servizos especiais”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acollerá o IX Congreso de Museos do Viño de España

Seguinte Nova

Monforte, capital das Letras Galegas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: