Un congreso en Sarria reflexiona sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial

Un momento das intervencións no congreso celebrado en Sarria. CS.

No concello de Sarria celebrouse esta pasada fin de semana un congreso sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial. Entre outros aspectos, durante dous días tratáronse temas como que é o Patrimonio Cultural Inamterial, aspectos concretos e ámbitos do mesmo. O concelleiro de Cultura, Xermán Arias, explicou que en total foron doce conferencias e dous concertos. “Tratáronse distintos aspectos deste Patrimonio, tratando de definir exactamente o que é, as connotacións que pode ter de todo tipo, e despois temas máis concretos como foron os instrumentos musicais, as adiviñanzas, o Camiño de Santiago, o patrimonio fotográfico, e moitas outras cuestións”, engadiu Arias. En canto ao obxectivo do congreso, o concellerio de Cultura explicou que se trataba de poñer en valor este tipo de patrimonio galego, “que é un referente en toda Europa, porque aquí consérvanse certas cousas que no resto de Europa por outros motivos como o desenvolvemento industrial, están extiguindas dende fai moitos anos”.

Finalmente, Arias quixo facer unha valoración moi positiva do congreso “porque este patrimonio galego é moi rico e referente en toda Europa, así que debemos ser capaces de poñelo en valor para que pase a ser Patrimonio da Humanidade”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan as obras das piscinas de Sarria

Seguinte Nova

En marcha o curso provincial de auxiliar de fabricación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: