O CB Sarria e o CB Breogán SAD aproveitarán as sinerxias entre clubes

•A entidade sarriana e o clube lucense asinaron un convenio de colaboración •Haberá actividades conxuntas para xogadores e corpo técnico

O adestrador do CB Breogán SAD, Lisardo Gómez, nunha foto de arquivo durante unha sesión de adestramento. (Foto cedida: CB Sarria).
O adestrador do CB Breogán SAD, Lisardo Gómez, nunha foto de arquivo durante unha sesión de adestramento. (Foto cedida: CB Sarria).

•A comezos de febreiro, o CB Sarria fixo pública o acordo establecido co CB Breogán SAD para esta tempada, polo que ambos clubes aproveitarán sinerxia en aspectos técnicos e formativos.

Según explicaron os responsables do CB Sarria, a entidade sarriá e o clube capitalino veñen de asinar un convenio de colaboración, no que se establecen cinco aspectos de interese para ambas entidades.

ACHEGAMENTO DA MOCIDADE SARRIÁ AO BALONCESTO DE ALTO NIVEL

En primeiro lugar, o convenio establece un encontro de achegamento co baloncesto de alto nivel para os rapaces e rapazas sarriaos. Esta actividade contaría coa presenza en Sarria do corpo técnico, encabezado polo seu adestrador, Lisardo Gómez, e da plantilla do CB Breogán SAD. A data está pendente de confirmación, unha vez contrastadas as axendas de traballo de ambos clubes.

FORMACIÓN PARA XOGADORES, MONITORES E ADESTRADORES DO CB SARRIA

Este achegamento non só beneficiará aos xogadores da canteira sarriá, senón que tamén abrangue aos membros veteráns do clube. Así, xogadores, monitores e adestradores do CB Sarria recibirán asesoramento bibliográfico e notas técnicas do clube lucense, ademais de poder presenciar sesións de adestramento do CB Breogán SAD, actividade na que tamén colabora a Federación Galega de Baloncesto.

INVITACIÓN GRATIS A UN PARTIDO DO BREOGÁN EN LUGO

Outra das iniciativas acordadas no convenio entre clubes é a asistencia dos membros do CB Sarria a un dos partidos que o Breogán dispute no Pazo Universitario no que queda de tempada. Según precisaron dende o equipo sarriao, esta actividade conta coa colaboración económica de Caixa Rural, que custeará os gastos de desprazamento e merenda dos participantes.

DESCONTOS EN ABONOS DO BREOGÁN PARA MENORES DE 18 ANOS

Para fomentar a implicación dos máis novos con este deporte, o convenio entre os dous clubes permitirá aos xogadores sarriaos menores de 18 anos que o desexen aboarse ao CB Breogán SAD, cunha bonificación do 50% sobre as tarifas correspondentes.

OS SENIOR PODERÁN ADESTRAR CO BREOGÁN

Por último, o convenio ofrece a oportunidade de que os xogadores dos equipos senior Alfa Auriga CB Sarria e Cafetería Polo CB Sarria, poidan adestrar coa plantilla do CB Breogán SAD, sempre que o estime oportuno a dirección técnica de ambos clubes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nove medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego

Seguinte Nova

A monfortina Saleta Fernández, entre as mellores atletas sub-20 de Europa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: