Nove medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego

Foto de familia dos medallistas do CN Monforte logo da súa participación no Campionato Galego de Natación celebrado en Cervo o pasado 29 de xaneiro. (Foto cedida: CN Monforte).
Foto de familia dos medallistas do CN Monforte logo da súa participación no Campionato Galego de Natación celebrado en Cervo o pasado 29 de xaneiro. (Foto cedida: CN Monforte).

•O CN Monforte iniciou o ano 2016 cun importante éxito a nivel autonómico, logo da celebración do Campionato Galego de Inverno en Cervo o pasado 29 de xaneiro. A consecución de nove medallas nas categorías infantil e junior consolida a traxectoria deste clube monfortino, así como o bo traballo dos seus deportistas.

En categoría junior 200 metros espalda, Patricia González proclamouse campiona galega e Pablo Valcárce foi subcampión. Valcárce doblou medalla ao gañar a prata en 400 metros estilos. Tamén en junior, Isabel Rodríguez acadou o bronce en 200 metros libres, metal logrado asimesmo por Sandra Suñer en 100 metros mariposa. En relevos junior, as nadadoras do CN Monforte Sandra Suñer, Patricia González, Isabel Rodríguez e Brenda Martínez foron subcampionas galegas.

Completou o medalleiro do CN Monforte Jesús Armesto, ao proclamarse subcampión en 100 e 200 metros mariposa da categoría infantil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 1.300 persoas inscribíronse na Bolsa de Emprego da Deputación

Seguinte Nova

O CB Sarria e o CB Breogán SAD aproveitarán as sinerxias entre clubes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: