Piden que o Concello de Monforte habilite zonas de carga e descarga diante dos hoteis

A portavoz do grupo municipal do BNG en Monforte, Pilar López, presentou unha moción sobre a reserva de espazo para carga e descarga nos establecementos hoteleiros da cidade. López asegurou que esta moción é resultado da petición que lle trasladaron diferentes empresarios deste sector, reclamando unha «solución». Según a voceira do BNG, estes empresarios queixábanse de non contar cun espazo diante dos establecementos para carga e descarga de equipaxes e pasaxeiros, xa que tampouco contan con garaxe privado para este servizo. Pilar López explicou que os empresarios xa se dirixiron ao Concello solicitando unha reserva deste espazo, «pero a resposta foi negativa por parte do Concello, xa que, segundo parece, é preciso modificar a Ordenanza Municipal existente dende 1992 sobre circulación, que non regula tal situación». López lembrou a necesidade de apoiar as demandas do sector turístico, xa que Monforte é a segunda cidade máis importante da provincia, ademais de capital da Ribeira Sacra.

Dende o BNG solicitaron ao Pleno na súa moción que o Concello modifique esta Ordenanza, e que regularice tamén outras reservas de espazo, sobre todo diante de edificios oficiais, para que sexan accesibles aos cidadáns.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte acondicionou os espazos vexetais do novo Paseo Fluvial e en zonas urbanas

Seguinte Nova

O PP descarta «polo de agora» un congreso local en Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: