O asombroso mundo das bacterias, protagonista nunha conferencia no IES A Pinguela de Monforte

A profesora Ana Otero, doutora en Microbioloxía na Universidade de Santiago, durante a conferencia que impartiu ao alumnado do IES A Pinguela o pasado 22 de xaneiro. (Foto cedida)
A profesora Ana Otero, doutora en Microbioloxía na Universidade de Santiago, durante a conferencia que impartiu ao alumnado do IES A Pinguela o pasado 22 de xaneiro. (Foto cedida)

•O IES A Pinguela continúa co ciclo de conferencias divulgativas a cargo de investigadores especializados da Universidade de Santiago. A última cita co saber veu da man da doutora en Microbioloxía da USC, Ana Otero, que achegou aos alumnos e alumnas do Bacharelato de Ciencias ao asombroso mundo das bacterias. Baixo o título «Como falan as bacterias», a doutora Otero fixo unha semblanza das últimas tendencias en investigación, que teñen como obxectivo superar en poucos anos a resistencia destes microorganismos aos antibióticos. Ademais, a experta en Microbioloxía falou sobre o comportamento das bacterias, revelando aspectos descoñecidos acerca da comunicación ou a sexualidade destes pequenos seres vivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober entregou os premios do Concurso de Beléns

Seguinte Nova

A Aula de Teatro de Sarria inicia unha nova tempada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: