Arturo Ceide: O pintor do viño

O autor do cartel da Feira do Viño de Amandi 2011 sinala que «a temática dos meus cadros sempre é a Ribeira Sacra”

Arturo Ceide no seu estudio traballando coa técnica da xilografía. EC

O pintor monfortino Arturo Ceide foi o encargado de deseñar o cartel anunciador da Feira do Viño de Amandi deste ano. No mesmo, tal e como Ceide explicou, tratou de representar todos os elementos que participan na maduración do viño, tales como o sol, a lúa ou os bancais.

En que se inspirou para realizar o cartel?

Concretamente na Ribeira Sacra e no viño. E bueno, no cartel vai un pouco representado o viño que madura en bancais, tamén a climatoloxía dura da Ribeira, que é especial e agradecida; tamén está representado o río, o día co sol, e a noite coa lúa. Todos eses compoñentes climatolóxicos, atmosféricos e topográficos son o que eu representei no cartel.

Que significou para vostede pintar este cartel?

Bueno, eu son de Monforte, son da Ribeira Sacra, así que contento de plasmar as paisaxes da Ribeira. Ainda que este é un cartel específico para a Feira do Viño de Sober, específico de Sober, que se caracteriza polo río Sil. Así é que aparece o río dende unha perspectiva aérea, coa zona de Amandi. É realmente como unha vista de páxaro do Sil, onde tamén se ven os bancais e demais elementos.

É o seu primeiro cartel?

É o primeiro cartel. Eu non fago carteis, sí que mos pediron pero non os fago porque son pintor. Ademais, eu para pintar teño que pintar o que eu quero, e claro, para facer carteis tamén teño que facer os que eu queira. Pintei Amandi porque concretamente esa zona é a que a min me gusta. Pero bueno, eu o que sí fixen foron etiquetas para o viño.

En que proxectos se atopa traballando agora?

Estou elaborando unha serie de cadros para facer unha exposición tamén na Feira do Viño de Amandi. Dicir que a exposición compónse de óleos, acrílicos e acuarelas. Non sei ainda exactamente cantas pezas serán, pero o que sí sei é que a técnica é variada, pero a temática sempre é a Ribeira Sacra. Con iso non quero dicir que nesta exposición a Ribeira Sacra sexa só de Sober. E bueno, aparte desta exposición estou traballando coa xilografía moderna; unha técnica que consiste en tallar a man nunha táboa.

E bueno, sobra dicir que sendo o autor do cartel da Feira do Viño de Amandi, disfrutará vostede do viño e tamén da feira ese día, non?

Sí, por suposto. Ademais dicir que sempre vou en taxi. Gústame o viño, e polo tanto este tipo de eventos merécenme unha valoración moi positiva. Ainda coa crise, eu vexo que a Ribeira Sacra está bastante posicionada neste ámbito.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 50 postos na IX Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Mostra pictórica de Isauro González Pereira en Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: