Curso de cata de viños galegos e viaxes ás feiras do viño

O Concello de Quiroga, dende a oficina de Xuventude e coa colaboración da Xunta de Galicia, organizou para este ano o programa “Turistea polo mundo da Enoloxía”. Trátase dun curso de cata de viños galegos que será impartido polo sumiller e docente de hostalería Luís José López Padín, incluindo unha serie de viaxes ás feiras do viño de Sober e Vilachá. Esta iniciativa, sen custe algún para os participantes, desenvolveuse no Museo Etnográfico os días 12 e 13 de abril, para rematar o 15 deste mesmo mes.

Pola súa parte, as viaxes terán lugar nas tardes dos domingos nos que se celebren as feiras de Sober e Vilachá, con saída ás tres da tarde e volta ás doce da noite. O punto de encontro estará situado diante do Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos pasos para o Museo Xeolóxico de Quiroga

Seguinte Nova

Máis de 50 postos na IX Feira Medieval de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: