Financiamento da Xunta para soterrar o cableado na contorna do Mosteiro de Ferreira

O alcalde de Pantón e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asinaron un convenio para acometer estas obras Está previsto que os traballos queden completados antes de fin de ano

José Luis Álvarez, alcalde de Pantón, e Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, durante a sinatura do convenio en Santiago o 21 de novembro.  CMAOT
José Luis Álvarez, alcalde de Pantón, e Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, durante a sinatura do convenio en Santiago o 21 de novembro. CMAOT

• O Concello de Pantón segue a promover obras de mellora na contorna do Mosteiro das Bernardas de Ferreira. Nesta ocasión, os traballos consistirán no soterramento das liñas da instalación eléctrica na zona do Curro, próxima á área monumental.

A XUNTA FINANCIARÁ AS OBRAS CON PRETO DE 25.000 EUROS

O financiamento correrá a cargo da Xunta de Galicia, que aportará preto de 25.000 euros en virtude dun convenio asinado o 21 deste mes entre o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

As obras realizaranse nun tramo da N-120 A ao seu paso pola zona do Curro, lindante coa área do Mosteiro de Ferreira. O obxectivo é eliminar as liñas aéreas existentes, e proceder ao seu soterramento, para o que se habilitarán canalizacións e arquetas.

MELLORAR OS CONTORNOS URBANOS PARA REVITALIZAR O TERRITORIO

Según explicaron dende a Consellería, estas actuacións tratan de mellorar a estética da zona e poñer en valor a riqueza patrimonial que acolle este municipio. Esta medida inscríbese nun dos eixos de actuación da Consellería de Medio Ambiente, que pretende a realización de accións que melloren os contornos urbanos que teñan como finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Na sinatura do convenio, a conselleira explicou que as obras vanse iniciar de xeito inmediato, e prevese que estean completadas antes de fin de ano. O convenio tamén determina que será a Xunta a encargada da contratación e execución da obra que, unha vez completada, será entregada ao Concello para a súa explotación e conservación.

RECENTES ACTUACIÓNS PARA ACONDICIONAR A ZONA DO MOSTEIRO DE FERREIRA

Estes traballos veñen sumarse aos realizados este ano para mellorar as beirarrúas na zona do Curro. As obras, rematadas a comezos de outubro, supuxeron un investimento da Xunta de 37.000 euros, e tiñan como obxectivo garantir a seguridade de peóns neste tramos de importante circulación tanto para os veciños como para os turistas que visitan o Mosteiro de Ferreira. Asimesmo, a contorna desta área monumental foi acondicionada en abril deste ano, coa mellora das beirarrúas, colocación de luminarias, reconstrución dos muros e soterramento das liñas eléctricas. A Xunta financiou estes traballos con preto de 750.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación para coidadores de enfermos con demencia en Pantón

Seguinte Nova

A Sociedade Filarmónica de Monforte organiza un concerto o 12 de decembro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: