Adriano López enfila a recta final cara o certame de Míster Universo en Perú

O modelo e adestrador persoal afincado en Monforte competirá representando a Portugal o 23 deste mes fronte aos candidatos de 15 países

Adriano López, natural de Paradela e afincado en Monforte, representará a Portugal na final de Míster Universo na cidade peruana de Arequipa, o 23 de outubro.  (Foto cedida: Roberto Vega).
Adriano López, natural de Paradela e afincado en Monforte, representará a Portugal na final de Míster Universo na cidade peruana de Arequipa, o 23 de outubro.
(Foto cedida: Roberto Vega).

Adriano López ten todo listo para partir, o vindeiro luns 19, cara a cidade peruana de Arequipa, onde se enfrontará a outros 15 candidatos doutros tantos países polo cetro de Míster Universo. López, paradelés afincado en Monforte, modelo de pasarela, de fotografía e adestrador persoal, apasionado do deporte e da forma física, é o candidato que representa a Portugal, e espera impaciente ao día 23. «Síntome xenial, moi motivado e desexando que chegue», confirma Adriano antes da partida en tren cara a Madrid, onde tomará un vó con destino Lima, capital na que pernoctará antes de chegar a Arequipa. Unha vez na sede do certame, Adriano terá que atender a múltiples compromisos con organizadores, candidatos, patrocinadores e medios de comunicación. E antes, días de preparación para estar na mellor forma para o concurso. «Teño un perfil moi fitness para este certame, polo que seguín as recomendacións que me deron e tratei de disminuir algo de volume muscular, variando os parámetros de adestramento pero coa mesma dieta de sempre», confesa o candidato por Portugal, que afronta a espera «moi mentalizado de conseguir o máximo, como en cada proxecto no que me meto». A súa implicación está fóra de toda dúbida, como se viu na pasarela organizada polo CCU esta quincena, e na que participou activamente como modelo para varias firmas. «Este evento foi moi satisfactorio», recoñece Adriano, que agradece «ao máximo» o apoio de Tempus Monforte, Gimnasio Neka, Doble M, La tienda Emily, Óscar Novo, Remedios Espantoso Rubí e o CCU Monforte. «Sen estes patrocinadores, a viaxe sería imposible», conclúe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estilo e moda na Pasarela Monforte organizada polo CCU

Seguinte Nova

Convenio entre Xunta e Consorcio para a promoción da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: