Outono, mes para disfrutar da Ribeira Sacra

O programa «A caída da folla na Ribeira Sacra» amosou aos visitantes as posibilidades de ocio no outono desta zona A iniciativa do Consorcio de Turismo baseouse na micoloxía e a fotografía, entre outras actividades

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

•Durante a primeira quincena de outono, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra está a desenvolver o programa «A caída da folla na Ribeira Sacra», co obxectivo de promocionar o turismo na zona fóra dos periodos vacacionais. Dende a organización, destacaron que o potencial da natureza da Ribeira Sacra vese incrementado durante o outono pola riqueza de cores da paisaxe, e pola tempada de setas e cogomelos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CORES E LUZ DO OUTONO PARA FOTOGRAFAR A RIBEIRA SACRA

A primeira das actividades tivo lugar o sábado 3 de outubro, co desenvolvemento dunha xornada de fotografía pola ruta do Camiño Real de Esgos. Esta actividade, denominada «Paisaxes de outono I», contou coa participación de 30 persoas, que recibiron nocións teóricas sobre fotografía en escenarios naturais, e a continuación puxeron en prática estes coñecementos con traballos ao natural.

A MICOLOXÍA, A RAÍÑA DA TEMPADA

O domingo 4 de outubro desenvolveuse en A Pobra do Brollón unha xornada de micoloxía. Baixo o título «Cestas e ao bosque!», un grupo de 12 persoas seguiron as indicacións teóricas para recoñecer as diferentes variedades de setas e cogomelos, e a continuación realizaron unha saída ao campo para proceder á súa colleita, a pesares da choiva da xornada. As seguintes edicións das xornadas de micoloxía acadaron un cheo absoluto. En vindeiras edicións, no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra esperan ampliar ao mes de novembro esta iniciativa, que este ano limitouse ao mes de outubro por cuestións orzamentarias e administrativas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta repartiu aos apicultores outras 1.500 trampas contra a vespa velutina

Seguinte Nova

Primeira cita coa competición para o club Neka esta tempada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: