Crónica del sur de Lugo

A Xunta repartiu aos apicultores outras 1.500 trampas contra a vespa velutina

• Dende primeiros de mes, a Consellería de Medio Rural está a distribuír 1.500 trampas comerciais e envases con líquido atraente aos apicultores con colmeas situadas nos concellos nos que se detectaron niños de vespa velutina. O reparto realízase a través das Oficinas Agrarias Comarcais, e o número de trampas entregadas depende da cantidade de colmeas por apicultor.

MÁIS DE 1.800 NIÑOS DE VESPA VELUTINA ELIMINADOS NO QUE VAI DE ANO

Esta partida de equipos exterminadores complementa a distribuída na primavera deste ano, na que se repartiron 1.300 trampas, coas que se eliminaron 3.000 exemplares de vespa raíña, que é a encargada de iniciar un novo niño. Estas trampas poden seguir empregándose, completadas con atraentes caseiros. De aí que a nova partida vaia destinada este mes a aqueles concellos que non recibiron trampas novas na pasada primavera.

Estas medidas forman parte do Plan de vixilancia e control da vespa velutina que está a desenvolver a Xunta de Galicia, e que serviu para localizar en 2014 máis de 900 niños desta especie. No que vai de ano, as accións deste Plan conseguiron eliminar ou neutralizar máis de 1.800 niños.•

 

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir a Inicio