Crónica del sur de Lugo

Xa se poden tramitar de novo permisos de queimas agrícolas e forestais

•Dende o 2 de outubro, a Consellería de Medio Rural permite tramitar permisos de queimas agrícolas e forestais de acordo coa normativa de aplicación, xa que diminuíron os riscos de incendios forestais polas condicións meteorolóxicas.

Dende a Consellería explicaron que a demora en reabrir o prazo para esta tramitación debeuse ao alto risco de lumes forestais que se deu durante todo o mes de setembro.

AVISOS E PERMISOS A TRAVÉS DO TELÉFONO 012, CON DOUS DÍAS DE ANTELACIÓN

Os responsables autonómicos lembraron que a solicitude de permisos para queimas agrícolas e forestais poden realizarse a través do teléfono 012 do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia.

ANULADOS OS AVISOS E PERMISOS SE HAI VENTO OU ALTAS TEMPERATURAS

O aviso de queima deberá realizarse con dous días de antelación á queima. No caso de queima de restos forestais amoreados, deberá solicitarse permiso, debido ao risco de complicacións.

En todo caso, dende a Consellería lembran que os avisos e permisos deixan de ter validez nos días que hai vento ou altas temperaturas.•

 

Tags:

1 Comment

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir a Inicio