Exposición de ilustracións sobre contos infantís e fábulas de Estefanía Padullés en Monforte

Ata o 15 de outubro pode verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte a exposición «Vénme con cuentos», da artista catalá afincada en Galicia Estefanía Padullés. “Aínda que estudiei bioloxía nunha deixei de debuxar, así que hai unos anos intentei ser ilustradora. Dende que vivo en Galicia estiven escribindo e ilustrado contos infantís”, destaca a artista.

Esta mostra de Estefanía Padullés inclúe unha serie de ilustracións realizadas en acrílico e en lapis. Son imaxes feitas con moito colorido coas que a ilustradora consegue dar vida a algunhas das personaxes máis coñecidas dos contos.

A artista catalá publicou xa dous álbumes para nenos e ten previsto editar outros dous nos vindeiros meses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro Cívico de Monforte acolle un obradoiro para pais, nais, docentes e nenos sobre o uso de internet

Seguinte Nova

Xosé Lois García presenta en O Saviñao o seu libro sobre simboloxía románica

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: