Máis dunha vintena de murais para adornar a Ribeira Sacra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, xunto ao mural da Praza do Toural en Sober. GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, xunto ao mural da Praza do Toural en Sober. GPXG.

• A Ribeira Sacra vai lucir este outono con novas cores. Un total de 21 murais de gran tamaño poderanse visualizar en cada un dos concellos desta mancomunidade, cun deseño baseado nalgunha nota distintiva do municipio ou da Ribeira Sacra, ao tempo que se engalana un espazo público ata agora deteriorado ou en abandono.

RUTA TURÍSTICA ÚNICA EN GALICIA

A idea, posta en marcha en virtude dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo, busca crear un produto turístico innovador, moi pouco frecuente no ámbito rural, que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona. Según informaron os responsables deste proxecto, esta é a primeira ocasión que se desenvolve un producto de similares características en Galicia, e unha das poucas de España, xa que só contan cunha proposta parecida as cidades de Zaragoza, Valencia, Madrid e Barcelona. Con esta iniciativa, trátase de conectar a paisaxe e a historia da Ribeira Sacra coa de hoxe, embelecendo espazos degradados e de crear unha nova herdanza artística e cultural, xunto á xa existente.

COMPLETADA A MEDIADOS DE OUTONO

A comezos de setembro estaban completados os murais da Praza do Toural de Sober, e os de A Pobra do Brollón, Taboada e Ribas de Sil. A continuación, está prevista a realización dos murais de Pantón, Portomarín e Quiroga, co obxectivo de que a mediados de outubro xa se poida disfrutar da ruta completa. Esta iniciativa tamén pretende contribuír á difusión da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Según os responsables do programa, este tipo de intervencións axudan a manter vivo o interese turístico da zona.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As piscinas de Sober pechan un intenso verán

Seguinte Nova

O Goberno local aprobou en Láncara un plan de 120.000 euros para melloras nas parroquias

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: