Crónica del sur de Lugo

Ata o 4 de setembro para inscribirse no Taller de Prevención de Riscos Laborais en explotacións vitivinícolas que se celebrará o día 11 en Sober

O Goberno local do Concello de Sober organiza, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de Traballo e Benestar, un taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas. A actividade está dirixida a persoas traballadoras e profesionais maiores de idade ocupadas ou desempregadas do sector vitivinícola.

O taller desenvolverase o vindeiro día 11 na Casa da Cultura de Sober en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os interesados e interesadas en participar poden entregar as súas solicitudes ata o día 4 de setembro, venres, no propio Concello de Sober ou a través dos enderezos electrónicos ana.mosquera@eira-tec.com e desenvolvementorural.issga@xunta.es .

O número de prazas é de 15 a 25. Poden obter máis información nos números 652.99.30.31, no 981.58.77.31 e na web http://issga.xunta.es/portal/index.html, onde poden descargar a solicitude de inscrición .

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio