Amplo programa nas Festas Patronais de Chantada 2015

Actividades musicais, deportivas e culturais no programa das Festas Patronais de Chantada 2015. Arquivo EC.
Actividades musicais, deportivas e culturais no programa das Festas Patronais de Chantada 2015. Arquivo EC.

Chantada celebrará as  súas Festas Patronais 2015 do 20 ao 25 de agosto. Os eventos comezarán o xoves día 20, coa oitava edición das Olimpiadas Rurais no Campo da Feira vello. As actividades continuarán o venres 21, cando terá lugar na Praza de Santa Ana a Carreira de Moto-Plásticas. Tamén será o día da VIII Baixada de Carrilanas, e a xornada rematará cun concertó de rock na Praza García Arias, no que actuarán os grupos Hellorice, Terror Erótico Adolescente, Chasis e Los Pontiaks.

O sábado 22 de agosto iniciarase cos pasarrúas a cargo dos Gaiteiros da Escola Tradicional de Música. O deporte tamén estará presente, coa disputa do Trofeo Cafés Penela de Fútbol, entre os equipos Chantada Atlético e Bóveda. O fútbol seguirá co Trofeo Concello de Chantada, que enfrontará aos equipos S.D.Chantada e Xallas. A música ocupará parte da xornada, coa actuación da Banda Municipal de Gaitas do Concello de Chantada. O tradicional Folión de Carros centrará os actos culturais do día, e o pregón das Festas Patronais 2015 estará a cargo da catedrática chantadina Julia Varela. A xornada rematará coa verbena da orquestra Terra Nova, na Praza de Santa Ana.

O domingo 23 de agosto abrirá cos pasarrúas dos gaiteiros Os Arandos, que irán acompañados por cabezudos. Na animación musical das rúas tamén participará a Banda de Música Xuvenil de Barro, que ofrecerá un concertó. A continuación, a Praza do Cantón acollerá o XXIV Certame de Bandas de Música, coa participación da Banda de Música de Chantada, a Banda de Música Xuvenil de Barro, e a Banda de Música de Arca. A música continuará durante a xornada, coa actuación das orquestras La Fórmula na Praza de Santa Ana, e Players, na Avenida de Monforte.

O luns día 24 amencerá cos pasarrúas dos Gaiteiros da Escola Tradicional de Música, acompañados dos cabezudos. Tamén polas rúas actuará a Banda de Música de Antas de Ulla, que ofrecerá un concertó a continuación. O Campo da Feira Vello acollerá una Festa Infantil, e o deporte voltará coa disputa do Trofeo ICOS entre o Chantada B e o Ferreira. Logo da sesión de fogos artificiais, a orquestra Israel amenizará a noite na Praza de Santa Ana, e a orquestra Royal na Avenida de Monforte.

O martes 25 será a cita coa Festa da Empanada no Campo do San Lucas, amenizada cos Gaiteiros da Escola Tradicional de Música, ademáis das charangas Doctor Anchoa, Madialeva, e Garrafón.com. As festas rematarán coa verbena a cargo da orquestra Olympus na Praza de Santa Ana.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Festas Patronais Monforte 2015: Artistas monfortinos xunto á cantautora Sés, a orquestra Olympus e o festival Rock & Lemos

Seguinte Nova

Ata o 4 de setembro para inscribirse no Taller de Prevención de Riscos Laborais en explotacións vitivinícolas que se celebrará o día 11 en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: