Un 25% máis de visitas á Oficina de Turismo de Chantada en xullo

A Oficina de Turismo de Chantada, na Praza do Cantón, ampliou o seu horario aos sábados, domingos e festivos dende o 1 de xullo. Arquivo EC.
A Oficina de Turismo de Chantada, na Praza do Cantón, ampliou o seu horario aos sábados, domingos e festivos dende o 1 de xullo. Arquivo EC.

• No pasado mes de xullo, a Oficina de Turismo de Chantada recibiu un 25% máis de visitas respecto ao mesmo periodo do ano pasado. Según explican os responsables deste servizo, este incremento xustificaríase polo maior coñecemento e divulgación que está a ter a Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno. Por outra banda, a Oficina de Turismo vén de ampliar este verán o seu horario de atención ao público, abrindo os sábados, domingos e festivos dende o 1 de xullo.

En canto á procedencia dos visitantes, o 32% foron galegos, fronte ao 61% de turistas procedentes do resto de España, e o 7% do estranxeiro. Por comunidades, o 32% dos consultantes viñeron dalgún punto de Galicia, mentres que o 14% chegaron dende Madrid, o 10% de País Vasco e Castela-León, o 7% de Cataluña e Andalucía, un 4% dende Asturias, e o 2% de Extremadura, Illas Canarias e Murcia. En canto aos estranxeiros, a maioría procedían de Europa, principalmente Reino Unido, Bélxica, Francia e Italia.

Os visitantes preguntaron sobre todo polas rutas do románico, sendeirismo, rutas fluviais, miradoiros, enoturismo e a etapa Chantada-Rodeiro do Camiño de Inverno.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober celebrará os 20 anos da Feira da Rosca repartindo 2.000 racións o día 12 de agosto

Seguinte Nova

Boa sintonía entre Xunta e Concello de Monforte para impulsar a dinamización económica

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: