Crónica del sur de Lugo

A teleasistencia domiciliaria será financiada integramente pola Deputación

•Os responsables provinciais estiman que esta medida beneficiará a preto de 1.000 lucenses

• A presidenta da Deputación, Elena Candia, anunciou este mes que o organismo provincial vai financiar integramente o o servizo de teleasistencia domiciliaria para persoas maiores, cun custe total de 172.000 euros. Candia explicou que esta decisión suporá “un aforro considerable” para os concellos, que xa non terán que achegar o 50% do gasto que supón prestar este servizo. A presidenta provincial anunciou que esta medida xa será efectiva nesta mesma anualidade.
Os responsables provinciais explicaron que a Deputación financiará a instalación de dispositivos de conectividade e seguridade nos seus fogares, conectados as 24 horas do día, todos os días do ano. Estes aparatos permiten dar a coñecer calquera situación de risco ou dificultade, de maneira que se poida actuar con rapidez e evitar ou reducir as súas consecuencias
O servizo de teleasistencia tamén se converteu nun axente dinamizador da vida das persoas maiores da provincias. Os usuarios reciben información a través da central de teleasistencia sobre hábitos saudables e exercicios para a memoria. Unha unidade móbil e persoal de intervención domiciliaria pode desprazarse ata a vivenda da persoa que necesita asistencia, acompañada dos servizos médicos ou de emerxencia, se fora preciso.•

•Os socialistas critican que Candia “exerza de delegada de Feijóo, asumindo competencias da Xunta con fondos provinciais”

• O deputado provincial do PSdeG-PSOE Álvaro Santos denunciou que “Candia volve a exercer unha vez máis de Delegada de Feijóo, nunha clara manobra de competir con Raquel Arias, anunciando que vai a suplir á Xunta en Lugo ao asumir con fondos provinciais o 100% do servizo de teleasistencia domiciliaria, cando esta prestación a debe financiar a Xunta, tal como establece a Reforma da Administración Local, aprobada polo Goberno de Rajoy”. Santos lembrou que esta prestación estaba financiada nun 65% polo Goberno central e nun 35% polas Deputacións, “pero no 2013, Rajoy suprimiu a achega estatal e transferiu as competencias ás Comunidades, aínda que en Galicia, Feijóo negouse a asumilas”. Santos insistiu en que “Candia debería esixir á Xunta para Lugo o convenio que asinou coas restantes provincias, transferindo máis de 25 millóns de euros para os servizos sociais de coruñeses, pontevedreses e ourensáns, e non escudar a Feijóo”.•

Tags:

1 Comment

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir a Inicio