Orzamentos aprobados en Monforte con críticas á Xunta, e polémica en torno aos bombeiros e a recollida do lixo

O último pleno do Concello propiciou varios debates. EC

Redacción -Monforte

Despois de que a concelleira de Economía, María Xosé Vega Buján, presentara os orzamentos para este ano a comezos de mes, finalmente foron aprobados no pasado pleno ordinario da corporación municipal cos votos a favor do BNG, a abstención do PSOE, e os votos en contra do PP. Os orzamentos para o 2011 rondan os 12 millóns de euros, o que supón un descenso do 1,25 % respecto ao ano anterior.

Polémica política en torno ás aportacións do goberno autonómico

Foi este un dos puntos da orde do día que máis polémica suscitou. Deste xeito, Vega Buján comezou por calificar o orzamento de “estable, posto que a baixada é mínima”, e engadiu unha vez máis que se manteñen sobre todo “grazas ás aportacións do goberno do Estado e da Deputación de Lugo, e tamén porque Monforte non foi un dos concellos afectados pola crise no sector da construcción”. A voceira nacionalista criticou sen embargo “a reducción nas aportacións e axudas por parte da Xunta de Galicia”.

Pola súa banda, Guillermo Rodríguez, voceiro do grupo socialista en ausencia de Jaime Vázquez, criticou o retraso na aprobación do presuposto municipal, ao mesmo tempo que destacou o incremento nos fondos procedentes do Estado e a diminución nos procedentes da Xunta. Mentres tanto, o voceiro popular, Manuel López Eiriz, sumouse ás críticas socialistas polo retraso na aprobación, e apuntou que os investimentos reais estaban en continua baixada, supoñendo tan só o 7 % do orzamento. Tamén comentou que “o 85% do presuposto destínase a gastos correntes, mentres que a media estatal é que a este apartado se adique o 73 % do orzamento”.

Ante estas críticas, María Xosé Vega asegurou que “non está a ser un bo momento para os Concellos debido á reducción de ingresos”, e tamén recalcou que o atraso na aprobación dos orzamentos debeuse ás negociacións cos bombeiros. Nestes senso ademais, lembrou ao Partido Popular que “no ano 2003 o PP presentouse ás eleccións municipais sen facer o presuposto, e no 2011 son moitos os concellos que tamén están a deixalo para despois das eleccións; sen embargo nós, ainda que sexa con retraso e ainda que estén ahí as eleccións deixamos os presupostos aprobados”. Vega Buján tamén explicou que “hai que contar con outros fondos para inversións reais que non figuran no orzamento, como é o caso dos 800.000 euros para a praza de abastos, os 500.000 euros da rúa Real, ou o millón de euros que aporta a Deputación provincial”.

Situación dos bombeiros trala posta en funcionamento do consorcio

O outro punto que tamén deu lugar a certa polémica foi a nova ocupación dos bombeiros unha vez que entre en funcionamento o consorcio. Neste senso, dende o partido socialista criticaron a falta dun concurso de promoción interna, mentres que os populares incidiron en que non podían cambiar do grupo C2 ao C1 sen concurso oposición e que o recurso que teñen interposto os profesionais deste corpo podería traer consecuencias para o Concello.

De igual xeito, a voceira nacionalista explicou que foi a Xunta de Galicia a que decidiu que a xestión do consorcio provincial de bombeiros non fose directa, o que permitiría a integración dos bombeiros municipais; e tamén asegurou que os bombeiros non pasarían ao C1, senon que seguirán no mesmo.

Unanimidade

Finalmente, a reasignación de efectivos do plan de emprego foi aprobada por unanimidade, como a maioría dos puntos da orde do día, pese a todos os debates. Así por exemplo, aprobouse por unanimidade tamén a incoación de expediente para a integración no consorcio provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, a adhesión ao convenio entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia para a implantación da administración electrónica, a aprobación inicial da ordenanza de administración electrónica, a aprobación definitiva do estudo de detalle de Catro Ventos, a clasificación de proposicións do expediente da piscina municipal, e a delimitación de entidades colectivas en Piñeira.

Contrato do lixo

En canto á proposta do Partido Socialista sobre o cumprimento do contrato de recollida de lixo, este punto tamén deu lugar a un intenso debate, que finalmente rematou coa proposta de varias mocións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentado o plan estratéxico do Impulsa Lugo

Seguinte Nova

Sarria busca futuro nas antigüidades

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: