Monforte estrea novo paseo fluvial polo río Cabe

Dentro do plan de acondicionamento das marxes do río

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

• O novo paseo fluvial de Monforte foi inaugurado a finais do mes pasado, como resultado dos traballos de acondicionamento das marxes e cauce do río Cabe, desenvolvidas nos últimos dous anos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

JOSÉ TOMÉ, ALCALDE DE MONFORTE: «ESTA OBRA FARÁ QUE A CIDADE MIRE MÁIS AO RÍO»

Este paso peonil, que integra tramos de carril bici e tres pasarelas, discurre dende A Compañía ata a parroquia monfortina de Piñeira. Según salientou o alcalde de Monforte, José Tomé, esta obra «pon en valor unha zona do río praticamente esquecida, de xeito que a partir de agora a cidade vai mirar máis para o río». O rexedor local apuntou que esta nova infraestrutura ofrece a veciños e visitantes «un espazo de lecer importante», aínda que estima que quedou «incompleta» ao non dispoñer de zonas de sombra e de suficiente mobiliario urbano.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, estivo presente na inauguración deste paseo, ademais do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, acompañados polo alcalde de Monforte e representantes da Corporación local. Os traballos no río Cabe foron desenvolvidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica. O investimento total para este proxecto foi de 3,1 millóns de euros, financiados con cargo ao Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e sufragados ao 80% pola Confederación e o 20% pola Deputación de Lugo.

O proxecto desenvolvido no río Cabe tivo como obxectivo a mellora ambiental e a protección das marxes frente a posibles inundacións. Os traballos iniciáronse hai dous anos coa demolición de muros e vallas neste tramos, e continuaron co estudio fitosanitario das masas forestais de ribeira, para replantear o desbroce e poda destes espazos. Ademais desta medida medioambiental, protexeuse a mobilidade piscícola dificultada polos azudes con dúas escalas para peces nos muíños de Aceña Nova e Cobas. Como contención frente ás crecidas do río, construíronse muros lonxitudinais de hormigón armado e chapados en pedra, rematados en granito, tanto na marxe esquerda como en paralelo á estrada da marxe dereita de Piñeira. Tamén se levantaron escolleiras de bloques de granito, e se mellorou a floresta das dúas ribeiras con vexetación apropiada.

En canto ao paseo fluvial, construíronse tres pasarelas. A primeira na Compañía, sobre o cauce da Aceña Nova, a base de vigas de madeira laminada encolada de pino tratado. A segunda pasarela, situada augas arriba en A Pinguela, ten 34,5 metros de lonxitude, con arcos de madeira laminada sobre un tableiro de vigas metálicas, que se une aos arcos con diagonais, tirantes e rixidizadores metálicos. A terceira pasarela, emprazada no azud de Cobas, ten a mesma estructura, aínda que é máis longa, con 51 metros. Ademais destas tres pasarelas, na marxe esquerda dispuxéronse outras tres para salvar canles e pequenos regatos. Por último, na zona urbana o novo paseo conta con carril bici. •

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha ollada a pé de rúa na Casa da Cultura de Chantada

Seguinte Nova

O PAZO DE TOR ACOLLERÁ DOUS DOS OITO PROXECTOS DO IV ESTUDIO ABERTO- PROXECTO DE RESIDENCIAS ARTISTICAS.

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: