Entregados os premios da XXVII Cata dos Viños de Galicia

Foto de familia dos premiados na XXVII Cata dos Viños de Galicia 2015, acompañados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. (Foto: Conchi Paz).
Foto de familia dos premiados na XXVII Cata dos Viños de Galicia 2015, acompañados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. (Foto: Conchi Paz).

 

• A finais do mes pasado tivo lugar a cerimonia de entrega dos galardóns da XXVII Cata dos Viños de Galicia. O viño Don Bernardino, da adega homónima, foi o gañador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O segundo posto foi para o viño Don Ramón, de Adega Don Ramón, e o terceiro premio correspondeu ao mencía Adega Vella, de Jorge Feijóo González. Pola súa banda, o Rectoral de Amandi acadou o cuarto posto, seguido de Val da Lenda, de Víctor Rodríguez López. Pola súa banda, Moure Tradición, de Adegas Moure, completou o listado de galardoados nesta edición.

Pola súa banda, Ernesto Rodríguez Pérez, da Adega O Canceliño da Ribeira Sacra, logrou co Viña Peón o primeiro premio xeral na categoría de colleiteiro e pequenas adegas en tinto.

ÉXITO DOS NOSOS LICORES E AUGARDENTES

Asimesmo, o licor Quenza, da empresa afincanda en Chantada CustomDrinks, recolleu o Pote de Ouro na IX Cata de Augardentes de Galicia, mentres que o licor café Abadía da Cova, de Adegas Moure, triunfou co primeiro posto na IX Cata de Licores Tradicionais.

Durante o acto de entrega de premios das Catas de Viños, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou «o esforzo dos produtores de viño, augardente e licores por modernizarse, internacionalizarse e por buscar un produto dunha calidade cada vez maior, e reafirmou o compromiso da Xunta co sector». Neste sentido, Feijóo destacou que na Ribeira Sacra multiplicouse por 20 o peso do viño que se vende nos mercados internacionais.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o Tren Turístico da Ruta dos Viños Valdeorras-Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Arrincaron as actividades de verán na piscina de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: